A CIG chega a un acordo coa Universidade de Vigo para proceder aos pagamentos das subas salariais desde 2022 do persoal pre e postdoutoral e do contratado con cargo a proxectos
Nunha reunión mantida no día de hoxe co reitor trasladounos o compromiso de facer os pagamentos na maior brevidade posible ás case 600 persoas afectadas pola sentenza.
Tal e como publicamos no mes pasado o Tribunal Supremo recoñeceu o dereito á suba salarial para o persoal empregado público dos anos 2022 e 2023 a tres colectivos da UVigo: PDI con contratos predoutorais, postdoutorais ou para proxectos de investigación.
Este auto garante que todas as subas aprobadas nos Orzamentos Xerais do Estado no futuro se teñan que aplicar de forma automática, eliminando esta discriminación por parte das universidades galegas. Así, o montante total ascende a un 9,8% desde 2022 a 2024, ao que haberá que engadirllle o 2,5% de 2025 e o 1,5% de 2026.
Máis alá do acadado de forma particular nos xulgados o que se gaña é a extensión dun dereito a todo o persoal das universidades e a aplicación xeral de calquera suba salarial sen distinción por colectivos.
A reitoría emprazou ao sindicato a unha nova reunión dentro de 10 días na que aclararán o número concreto de persoas ás que se lle aplicará a suba así como en que nóminas se aplicarán. En todo caso, atendendo á nosa petición, non se extenderá máis alá do mes de maio.
Agradecemos a disposición da UVigo por levar a cabo estes pagamentos en breve.
Conflicto colectivo na UDC e a USC
Na UDC xa no 2024 se chegara a un acordo previo ao xuízo, nun acto de conciliación, e estes pagamentos están consolidados.
Na USC o Tribunal Supremo rexeitou o recurso de casación presentado pola CIG logo de perder no Superior este mesmo conflito. As razóns ás que se alude na sentenza son a sintatura dun acordo que condicionou estas subidas salariais. Dende a CIG Ensino emprazamos á USC a que actúe como o resto de universidades e aplique as subas salariais a todo o seu persoal sen distinción atendendo aos mesmos argumentos das sentenzas da UDC e a UVigo.
Novas relacionadas

