A CIG chama ás familias da Mariña a apoiar a FOLGA XERAL do 17N non enviando ás fillas e fillos aos centros educativos

O PP aplica de novo o boicot ao dereito de folga das e dos docentes e persoal non docente coa escusa da pandemia

Os servizos “mínimos” decretados pola Xunta para a Folga Xeral na Mariña do 17 de novembro van impedir ou dificultar enormemente a participación do profesorado e do persoal non docente dos centros educativos da nosa comarca, xa que coa escusa da pandemia, o PP aplica de novo o boicot ao dereito de folga obrigando a que haxa un ou unha docente por aula, a maiores doutro persoal non docente, con servizos mínimos abusivos. 

CIG

Por este motivo, a CIG chama a que no día da Folga, as familias desmontemos ese boicot da Xunta non enviando ás nosas fillas e fillos ás escolas e institutos da comarca, conseguindo a paralización total da actividade laboral que se promove coa convocatoria, tamén no ámbito educativo. 

Volver