A Audiencia Nacional admite a trámite o recurso contra o recorte salarial dos empregados/as públicos/as

Retribucións

A principios do mes de setembro, a Defesora do Pobo pronunciábase negativamente sobre a petición da CIG (apoiada por moitas traballadoras e traballadores) de interpor un recurso de incostitucionalidade contra as ‘medidas para reducir o déficit público’ aprobadas polos gobernos central e galego. Malia esta decisión, a Audiencia Nacional vén de admitir a trámite o recurso inconstitucionalidade, mantendo así a vía xudicial aberta.
A Audiencia Nacional admite a trámite o recurso contra o recorte salarial dos empregados/as públicos/as
Malia a negativa da Defensora do Pobo a interpor recurso de inconstitucionalidade
A principios do mes de setembro, a Defesora do Pobo pronunciábase negativamente sobre a petición da CIG (apoiada por moitas traballadoras e traballadores) de interpor un recurso de incostitucionalidade contra as ‘medidas para reducir o déficit público’ aprobadas polos gobernos central e galego. Malia esta decisión, a Audiencia Nacional vén de admitir a trámite o recurso inconstitucionalidade, mantendo así a vía xudicial aberta.
Concentración diante dos edificios Administrativos da Xunta en Monelos, A Coruña. A negativa da Defensora do Pobo para admitir a trámite a petición de interposición de recurso de inconstitucionalidade baseábase, segundo se recolle no informe desta institución, na consideración de que non se daban os fundamentos xurídicos para anular o decreto-lei. Curiosamente, malia recoñecer que un decreto-lei non pode modificar una lei de orzamentos xerais, ao mesmo tempo aseguraba que o seu carácter ‘indeterminado’ permite una “certa flexibilidade”.
Fronte a isto, para a CIG a presentación dun recurso de inconstitucionalidade segue estando xustificada, pois non é asumible que a “flexibilidade” dun decreto-lei faga factíbel vulnerar os dereitos adquiridos polas empregadas e empregados públicos.
Para as federación da área pública da CIG, esta situación crea inseguridade xurídica dos acordos acadados e permite á administración “encher o peto da banca e as grandes empresas a costa do noso minguado poder adquisitivo”.
A admisión a trámite pola Audiencia Nacional da interposición de recurso contra os recortes salariais abre una nova vía de loita xudicial. En todo caso, as federacións da área pública da CIG poñen tamén ao dispor do persoal das administración públicas modelos de reclamación individual.
Canto ao persoal laboral, queda o aspecto específico de loita no que respecta á vulneración do principio de negociación colectiva e, tras non descartar as administración novos recortes nun futuro, a única alternativa é a loita sindical e a mobilización.

Volver