A Administración comprométese a publicar unha corrección de erros da convocatoria de oposicións, logo de que a CIG-Ensino constatara a omisión no baremo dos cursos de 20 a 30 h

Baremación dos cursos de máis de 20 h e menos de 30 h

Na convocatoria de oposicións publicada no DOG o pasado 11 de abril, detectamos que os cursos de 20 a 30 h non viñan recollidos no apartado 2.5 de "Formación e Perfeccionamento", como si ocorría na convocatoria anterior. Unha vez que lle trasladamos o erro, a Administración comprometeuse a sacar unha corrección de erros á convocatoria para incluír estes cursos

Volver