XXIII XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Matricúlate entre o 6 e o 26 de marzo

Matrícula

Ligazón

Obxectivos

-Achegar recursos para traballar na etapa de educación infantil.

-Apostar decididamente por dotar de fins educativos toda a etapa de infantil, (0-6), por entender que desde as idades máis temperás,  nenos e nenas comezan a densenvolver a súa personalidade.

- Intercambiar experiencias innovadoras de distintos centros de ensino que aportan moito ao resto do profesorado.

Contidos

Ler e escribir. Cando e como. Mª Teresa Neira González, mestra especialista en educación infantil no CEIP Pío XII, creadora de Recursos Educativos Abertos para o proxecto EDIA.
Coñecer os fundamentos e piares da teoría construtivista. Etapas polas que pasa o alumnado no proceso de adquisición da lingua escrita.
Diferenciar unha “Secuencia Didáctica” doutras modalidades de programación.
Aprender a deseñar  “Secuencias Didácticas” estables e puntuais.
Exemplificacións.

Regueifa miúda. Alba María, filóloga, cantora, produtora e improvisadora oral.
Partindo da consciencia do propio corpo como elemento produtor de ritmo e que responde a el, transitaremos o país das palabras, os xestos, a música, o baile e con estes iniciarémonos nas pautas básicas da regueifa tradicional: estrutura estrófica, cómputo silábico, ritmo, rima, campos semánticos, metáforas...

Ambientes de aprendizaxe e matemáticas. Mónica Corbacho Varela, mestra no CEIP Outeiro das Penas.
A aprendizaxe matemática a través de ambientes ou espazos da liberdade e posibilidade a nenas e nenos de tomar múltiples decisións e de elixir. Incorporar moitos materiais concretos nestes espazos e darlle un acompañamento axustado, converte a aula nun lugar para experimentar e aprender, onde nenas e nenos son os protagonistas e onde poden facer unha aprendizaxe de dentro para fóra e non de fóra para dentro como se dá normalmente.

A educación multisensorial como oportunidade de cambio. Begoña Sieira Antelo, Lidia Fuentes Naya e Rocío Castro Chenel, mestras do CEIP Fogar.
O proceso de creación, organización e posta en marcha dunha aula multisensorial. O aproveitamento de recursos como punto de partida da transformación educativa.

Disciplina positiva. Con amor nunha sociedade entre iguais. Begoña Varela e Cristina García-Ramos de Aulas de Pousada  do CRA Plurilingüe de Vilaboa
Proposta fundamentada na práctica baseada na relación cotiá establecida con crianzas de 3, 4 e 5 anos. As relacións mantidas no  grupo están sustentadas no respecto mutuo, na valoración de cada integrante do mesmo, na garantía de que cada quen ten un espazo e un tempo para si. Onde o erro é construtivo, onde cabe o perdón, onde está permitido expresar o universo das emocións, onde temos pautas compartidas que regulan a nosa convivencia. Onde podemos falar e ser escoitadas, onde a diferenza nos enriquece e a uniformidade nos oprime.

Volver