
XX Xornadas de Educación Infantil
Sábado 1 de abril de 2017 IES As Fontiñas. (r/ Estocolmo, 5. Santiago)
Organizadas pola AS-PG e a CIG Ensino.
PROGRAMA
De 09:45 a 10:00 h: Recepción e entrega de material
10:00-12:00 h. Educación orgánica. O respirar dos días. Nieves López López, profesora do Ciclo Superior de Educación Infantil do CIFP Politécnico de Lugo.
Cal é a vivencia do neno, da nena, na etapa inicial da escolarización?
Que é o que impregna o día de “calidade”?
Que significa aprendizaxe con nenos e nenas entre 0-3 e 6 anos?
Partindo dun pequeno marco teórico onde a protagonista é a Individualidade de cada neno e cada nena que se está a desenvolver, reflexionaremos sobre das novas perspectivas educativas e do rol “adulto” como guía e autor da educación.
12:00-14:00 h. Escola pública, viva e activa. Profesorado do CRA Antía Cal
Paseo pola nosa escola a través das bases metodolóxicas, a organización do centro e os referentes teóricos. Un achegamento á escola das vivencias, das emocións e do respecto.
16:00-17:30 h. A función docente do profesorado de apoio nas aulas de Infantil. Lara Fernández Pérez e María Armesto López, mestras do CEIP Bergantiños.
Organización
e propostas metodolóxicas levadas a cabo no CEIP Bergantiños
(Carballo) polas mestras de apoio na súa intervención nas aulas.
17:30-19:00 h. "Son eu!" proxecto pola igualdade de xénero. Profesorado do CRA de Culleredo. O centro levou o Premio Concepción Arenal 2016: Proxectos educativos pola igualdade de xénero da Deputación Provincial da Coruña.
O proxecto persegue desenvolver dinámicas de traballo co alumnado, profesorado e comunidade educativa no seu conxunto para garantir igualdade no trato, na linguaxe, na liberdade e no carácter identitario de cada un dos nenos e nenas.
19:00-20:00 h. "Da casa á escola con Sabela e as zocas máxicas”. Xosé Manuel Rosales Noves, arquitecto, coordinador do Proxectoterra, profesor no IES Ramón Menéndez Pidal.
Da casa á escola é a idea que articula as tres historias do conto “Sabela e as zocas máxicas". Un achegamento multisensorial e emocional/afectivo ao espazo vivido, que faga máis rica a construción mental que nestas idades temperás se está a facer dos tres ámbitos máis significativos na vida dos cativos: a casa, a escola e o camiño que percorren todos os días dunha á outra. Tres ámbitos: o privado, o social e o público, que estarán presentes ao longo das nosas vidas e que xa estamos a construír desde pequenos.
Ás 20:00 Clausura