A Consellaría volve burlarse da representación sindical dos docentes galegos
Anuncia a oferta de emprego público docente obviando á representación sindical
Na Mesa Xeral da Función Pública a Consellaría comprometeuse coas organizacións sindicais a negociar a oferta de emprego, cousa que non fixo.
Esperamos que as organizacións sindicais asinantes do mal chamado acordo de estabilidade recapaciten e deixen de asinar acordos que non engaden nada positivo ás traballadoras e traballadores, e só serven para dar cobertura ao desgoberno do Partido Popular.
A oferta anunciada pola Consellería é a seguinte:
- Mestres.
Educación Infantil, Inglés, Francés, Educación Física, Música, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Educación Primaria.
- Secundaria.
Lingua castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Orientación Educativa, Tecnoloxía, Lingua galega e Literatura, Intervención sociocomunitaria, Organización e xestión comercial, Organización e proxectos de sistemas enerxéticos, Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos, Procesos Sanitarios e Sistemas electrotécnicos e automáticos.
- Profesorado Técnico de Formación Profesional.
Estética, Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos, Operacións de produción agraria, Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico, Procedementos sanitarios e asistencias, Procesos comerciais e Servizos de restauración.
- Catedráticos de música e artes escénicas.
- Prazas para facilitar o paso de funcionarios de secundaria ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (na especialidade inglés) e para o acceso desde o corpo de mestres ao corpo de profesores de ensino secundario.
Nesta ligazón podes ler a información que sobre as oposicións comunicou onte o ministerio na Mesa Sectorial do Estado, así como a postura da CIG-Ensino.
A Consellaría volve burlarse da representación sindical dos docentes galegos
Anuncia a oferta de emprego público docente obviando á representación sindical