1ª Xornadas de Atención á Diversidade

Sábado 23 de novembro na Coruña

Contarán coa presencia de ponentes como: Mar Romera, José Ramón Lago ou Xosé Tomas, así como a exposición de experiencias de atención a diversidade.

Obxectivos.

-Transmitir ao profesorado asistente información sobre educación emocional que poida repercutir na mellora da integración nos seus centros de ensino.
-Reflexionar sobre a necesidade de potenciar a intelixencia emocional.
-Transmitir ao profesorado asistente información sobre aprendizaxe cooperativa e adquirir estratexias para a introducila na práctica habitual do traballo docente.
-Mostrar experiencias de traballo de atención á diversidade en distintos centros educativos: comunidades de aprendizaxe, integración de alumnado con pluridiscapacidade, técnicas de inclusión etc.
-Mostrar un exemplo de traballo de atención á diversidade desde a ilustración.

Contidos.

1.CONFERENCIA. EDUCAR CON 3 CES: CAPACIDADES, COMPETENCIAS E CORAZÓN. MAR ROMERA, mestra, psicopedagoga e especilista en educación emocional.
2.CONFERENCIA. A APRENDIZAXE COOPERATIVA PARA PROMOVER A COHESIÓN, A INCLUSIÓN E A EQUIDADE. JOSÉ RAMÓN LAGO, profesor da Universitat de  Vic-Universitat Central de Catalunya, coordinador del Grup de Recerca en Atenció a la Diversitat
3. EXPOSICIÓN DE EXPERIENCIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (levadas a cabo en centros galegos de atención á diversidade)
3.1. CPI de Castroverde. Como traballar a integración a través de Comunidades de aprendizaxe. Isabel Pérez García e Cristina González Grandas, profesoras do centro.
3.2 CPI de Atios- Valdoviño. A integración de alumnado con pluridiscapacidade a través do uso de pictogramas. Inmaculada Fernández Bocelo, mestra de PT e Juan Ramón Alonso García, mestre de AL.
3.3. CEIP de Viñas-Poio, un centro para a inclusión: avanzando cara a un cambio metodolóxico. Elena Meis Veiga, orientadora, Naiara Castillo González-Redondo, directora e titora de infantil e Sonia Sobral Boga, secretaria e titora de primaria.
4. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE. UNHA OLLADA A TRAVÉS DAS VIÑETAS. XOSÉ TOMÁS, profesor de secundaria, ilustrador e escritor.
O ilustrador e profesor Xosé Tomás fai un relatorio de experiencias e situación reais dunha escola que non sempre acerta na diana da atención á diversidade. Cunha mirada crítica, e co filtro do humor gráfico, analiza as eivas do noso sistema, así como as enormes posibilidades de renovación que alberga.

Ligazón á matrícula

Ligazón á páxina de formación da CIG Ensino

Volver