Valoración da CIG da Oferta Pública de Emprego

Oferta de Emprego Público

A Consellaría de Educación desoeu as demandas da CIG-Ensino para entrar en negociar de xeito pensado e debatido a oferta pública deste ano. Tendo en conta ademais as especiales caractísticas desta convocatoria, a 1º do período transitorio de aplicación da LOE.

A Consellaría presenta unha oferta de emprego público pechada e sen posibilidade de negociación

 

Na Mesa Sectorial de Ensino non Universitario, que tivo lugar hoxe 13 de marzo, a Consellaría de Educación presentou unha proposta de oferta de emprego público pechada e sobre a que non houbo posibilidade de negociación.

 

A oferta presentada ascende a 2633 prazas.

Total

Primaria

1350

Secundaria

994

P. Técnico de FP

90

Artes plásticas e deseño e Mestres de taller

19

Música e artes escénicas

150

Escolas Oficiais de Idiomas

30

 

Tamén se convocan 440 prazas para os corpos de catedráticos e 52 para a funcionarización do persoal laboral fixo de carácter docente.

 

A CIG-Ensino valora como importante a oferta presentada, mais ten que criticar contundentemente o procedemento seguido pola Consellaría, pois non presentou a proposta até o inicio da Mesa co cal impediu que as Organización sindicais puidésemos realizar unha valoración debidamente fundamentada da oferta presentada. A CIG-Ensino demandou reiteradamente que se convocase unha nova mesa para seguir falando da oferta e poder debater sobre a proposta presentada realizando as matizacións necesarias, considerando a necesidade de negociar a estabilidade do profesorado interino e o feito de estarmos ante a primeira das convocatorias transitorias, mais a Consellaría negouse.

 

A CIG-Ensino esixe que se garanta a estabilidade do profesorado que está a traballar neste momento

 

A CIG-Ensino manifestou que entende que o procedemento axeitado sería negociar en primeiro lugar un Acordo de Estabilidade para o profesorado interino e a partir de aí estabelecer a Oferta de Emprego, por este motivo fixemos fincapé en que se negocie de forma inmediata e prioritaria un acordo de estabilidade para este profesorado e que a Oferta de Emprego Público non poña en cuestión a negociación deste Acordo. Por outro lado exiximos da Consellaría o compromiso de que a oferta presentada non poña en perigo que o profesorado que está actualmente en activo continúe traballando o ano que vén, mais a Consellaría non asumiu a nosa proposta.

 

A Consellaría explicou que a proposta de prazas que fan está baseada no número de profesoras e profesores interinos por materias e na posibilidade que calculan de que poidan aprobar. Para  A CIG-Ensino a proposta debería estar baseada nas prazas de nova creación, nas que se produzan por xubilación e nunha porcentaxe do profesorado interino. En calquera caso volvimos manifestar que este non é o noso modelo e que non confiamos en que este sistema poida contribuír a diminuír a procentaxe de profesorado interino.

 

A CIG-Ensino expresou a súa preocupación coa ausencia de negociación para que se recolla un novo proceso transitorio para o profesorado que non ten a titulación requerida. A CIG-ensino fixo todo o posíbel para que se recollese esta situación, mais entendemos que non se fixo o esforzo necesario por parte da Consellería, co cal agora mesmo o profesorado que non ten titulación equivalente vai estar imposibilitado para presentarse ás oposicións, malia ter moitos anos traballados.

Ademais a CIG-ensino tamén criticou a actitude do Ministerio que soamente levou á negociación na Mesa Sectorial o primeiro borrador do Real Decreto de convocatoria de acceso, sufrindo despois sucesivas modificacións que non foron sometidas a negociación, así os temarios que foron modificados, enviados ás organizacións sindicais e que agora nos comunican que non son os que se van empregar nesta convocatoria, en que as probas se realizarán de acordo co temario da pasada convocatoria.

 

Aínda que non se entrou na orde de convocatoria de oposicións, pois estas serán tratada proximamente na mesa sectorial, mais solicitamos información sobre como se realizará o informe, xa que esta é unha das cuestións que máis preocupa ao profesorado. A Consellaría manifestou que aínda non pecharon a proposta que nos traerán á próxima mesa, mais están a traballar sobre um borrador que contería 10 ítems e que posibelmente será realizado por unha comisión de inspectores e inspectoras nomeados pola Consellaría.

Na Mesa Sectorial de hoxe, 13 de marzo, a CIG-ensino foi a única organización que insistiu en reclamar unha segunda xuntanza para entrar en debater cada unha das especialidades ofertadas posto que dificilmente se podería facer nas condicións en que se celebrou a xuntanza, entregando a documentación no momento e cun tempo limitado para rematar a reunión como consecuencia dunha rolda de prensa que tiña convocada a Consellería para facer pública dita oferta.

Aínda así desde a CIG-Ensino imos insistir en como mínimo reconsiderar a oferta de prazas en certas especialidades nas que poida haber consecuencias insolubles para a estabilidade dos interinos, como son por exemplo aquelas nas que están ocupadas por profesorado que non teñen a titulación que agora se lle require para poderse presentar, a esperas que a nivel Estatal se lle dea unha solución a súa situación no marco do novo Estatuto do persoal docente.

 

En canto a convocatoria de oposición, esta será tratada nunha mesa que se celebrará posibelmente na semana que vén.

 

A CIG-Ensino pide información sobre como se vai realizar o informe

 

Mais, considerando a preocupación do profesorado respecto do informe que pode substituír unha das partes da proba, a CIG preguntou á Consellaría como se ía realizar. Educación manifestou que aínda non pecharon a proposta que nos traerán á próxima mesa, mais están a traballar sobre un borrador que contería 10 ítems e que posibelmente será realizado por unha comisión de inspectores e inspectoras nomeados pola Consellaría.

A Consellaría di que aplicará ao máximo o artigo 61.3 e que o informe será voluntario para o profesorado que o solicite. Poderá solicitalo o profesorado que, este curso, acumule un período traballado de seis meses (incluídas persoas en servizos especiais). O informe realizarao unha comisión integrada por inspectores e inspectoras nomeados pola Consellaría e será valorado polo tribunal, conterá dez cuestións moi concretas sobre os aspectos que recolle o Real Decreto, a partir da documentación aportada polo solicitante e que só poderán ser respondidas cun si ou cun non. O modelo do informe formará parte das propias bases de convocatoria.

A Consellaría de Educación avaliará o profesorado galego, mais admitirá os informes que outras comunidades realicen a profesorado que queira presentarse en Galiza.

A Consellaría insistiu en que se trata dun avance suxeito a consideracións, mais que traerán unha proposta rematada na Mesa en que se negocien as convocatorias.

Volver