
Unha vez máis as OO.SS estatais venden os/as traballadores/as plegándose á proposta da patronal e asinarán un mal convenio o 22 de maio.
Información da mesa 15ª do convenio colectivo estatal de infantil (25/04/19).
Consúmase o entreguismo do trío UGT, FSIE e USO ao aceptar as propostas salariais das patronais, con dúas mínimas modificacións, que para a CIG-Ensino son inasumíbeis e inadmisíbeis como xa viñemos manifestando coherentemente nas anteriores mesas. Non só rexeitaron, unha vez máis, a nosa proposta de mobilizacións conxuntas e loitarmos por un convenio digno, senón que incluso “agradeceron o esforzo” das patronais.
Nesta 15ª mesa de negociación evidenciouse unha vez máis o modelo sindical pactista e entreguista do resto de OO.SS ao aceptar as propostas salariais das patronais con dúas mínimas concesións ridículas e insultantes, pero que a UGT, FSIE e USO lles valeron para vender os dereitos dos traballadores/as que “representan” e pregarse á patronal nunha actitude totalmente servil. Estas dúas concesións foron: aumentar a proposta de 925€ a 930€ comezando a pagalos dende o mes seguinte á data de sinatura do convenio, que será o 1 de xuño, e unha cláusula para que se convoque a mesa negociadora se hai modificacións no SMI para adaptar as táboas salariais ao mesmo.
A continuación expoñemos as propostas salariais acordadas e o resto do convenio quedaría tal cal está, só con adaptacións legais ao texto (novas Leis, novos R.D., cambios E.T… xa de obrigado cumprimento) que se redactarían en mesas técnicas o 6, 13, 21 e 22 de maio, data esta última na que xa se asinaría o XII convenio:
PROPOSTA TÁBOAS XERAIS
Para os anos 2016, 2017 e 2018 mantemento dos salarios, é dicir, conxelación.
|
MESTRES - TITULADOS |
EDUCADORES/AS |
RESTO PERSOAL |
ANO 2019 |
Suba do 2% dende 1 de xuño |
930€ dende 1 de xuño (5% suba co C.E. incluído) |
900€ dende 1 de xuño |
ANO 2020 |
Suba do 2% dende setembro |
||
ANO 2021 |
Suba do 1% dende setembro (revisable co IPC) |
PROPOSTA TÁBOAS XESTIÓN INDIRECTA
|
MESTRES/AS – TITULADOS (grupo cotización 2) |
EDUCADORES/AS ( grupo cotización 4) |
RESTO PERSOAL (grupo cotización 6) |
|
ANO 2019 |
Suba do 1,5% (pregos en vigor ou con prórroga) …………………………………………………..
Suba do 3% (novos pregos licitados dende 1/01/2019)
Dende 1/01/2019 nos 2 casos.
|
910€ (pregos en vigor ou con prórroga) C.E. incluído. …………………………………………………………………..
1000€ (novos pregos licitados dende 1/01/2019) C.E. incluído. Dende 1/01/2019 nos 2 casos.
|
900€ (pregos en vigor ou con prórroga) …………………………………….
950€ (novos pregos licitados dende 1/01/19)
Dende 1/01/2019 nos 2 casos |
|
ANO 2020 |
Suba do 1,5% dende setembro (pregos en vigor ou con prórroga)
|
|||
3% (novos pregos licitados dende 1/01/2019) Dende 1/01/2020
|
1.100€ (novos pregos licitados dende 1/01/2019) C.E. incluído Dende setembro |
1000€ (novos pregos licitados dende 1/01/2019) Dende setembro |
||
ANO 2021
|
IPC ano anterior cun mínimo do 2% de suba. Dende setembro |
1.122€ (para todo tipo de pregos) C.E. incluído Dende setembro |
1020 € (para todo tipo de pregos) Dende setembro |
A partir de setembro de 2021, o grupo de mestras/es igualarán salarios cos novos pregos dende 1/01/2019.

CLÁUSULAS DE GARANTÍA:
- Ao/á traballador/a que teña un salario total (salario máis complementos) con absorción e compensación do complemento específico, no seu caso, superior ao establecido anteriormente respectaráselle dito salario.
- Establécese un período transitorio ata setembro de 2021 para os/as traballadores/as dos centros con contratos ou subvencións en vigor anteriores ao 1/01/2019 (inclúense posibles prórrogas), para que se vaian incorporando aos salarios dos novos pregos licitados a partir de dita data. Con efectos de 1-9-2021 aplicarase con carácter xeral e obrigatorio a incorporación de todos/as os/as traballadores/as a ditos salarios.
- No caso de novos SMI en 2020 e 2021 reunirase a mesa de negociación para “adaptar as táboas salariais”.
A CIG-ENSINO FARÁ TODO O POSIBLE PARA FREAR ESTE ACORDO CARENTE DE NEGOCIACIÓN, IMPOSITIVO, PRECARIO E FRAUDULENTO PARA O SECTOR COA FINALIDADE DE DIGNIFICAR O CONVENIO.
Xa na propia mesa de negociación a CIG-Ensino, por enésima vez, propuxemos mobilizar o sector para presionar as patronais polo seu involucionismo e inmobilismo, na busca dun CONVENIO DIGNO E XUSTO, con melloras reais laborais e salariais. A resposta foi non, unha vez máis, polos sindicatos que decidiron entregarse ás patronais e antepoñer os seus intereses aos dos/as traballadores/as que din representar.
Agora as OO.SS que non o asinamos temos que denuncialo e mobilizarnos para frear a sinatura do mesmo e intentarmos cambiar as dinámicas pactistas e entreguistas que dende fai moito tempo levan traizoando aos/ás traballadores/as, rematando coa precariedade laboral e salarial e coa mesma dinámica mobilizadora intentarmos camiñar cara un CONVENIO GALEGO. Esta é a única vía que sempre defendemos dende a CIG-Ensino para achegar as negociacións aos/ás traballadores/as, para que o persoal poida decidir e conquerir, como existe noutras CC.AA do estado, un convenio autonómico digno e xusto.
Este 1º de maio a CIG-Ensino manifestará o seu rexeitamento á sinatura deste XII Convenio Estatal por afondar na precariedade e non contar co apoio e respaldo dos traballadores/as do sector. Neste sentido, facemos un chamamento a todo o persoal dos centros de ensino infantil a manifestarse o 1º de maio coa CIG coas delegadas e delegados do sector para loitar por un convenio digno e xusto de carácter galego. Nas cidades de Santiago, Ferrol, A Coruña e Vigo as delegadas da CIG Ensino portarán faixa reivindicativa do sector demandando a paralización da sinatura do convenio e unha negociación real para termos un convenio digno e xusto.