Unha de cal e outra de area nas resolucións xudiciais da Audiencia Nacional sobre o “XV Convenio Estatal de Atención ás Persoas con Discapacidade”

O xuíz da Audiencia Nacional dá a razón á demanda social sobre á interpretación do artigo 32.1, que a patronal decidiu recorrer nunha nova irresponsabilidade e desconsideración cara o persoal

O xuíz tamén desestima a outra demanda sobre a aplicación do SMI dándolle a razón á patronal.

As distintas demandas presentadas polos sindicatos estatais, ás que se adheriu a CIG-Ensino aínda non sendo asinante do XV convenio, tiveron como resolución xudicial na Audiencia Nacional (AN), unha de cal e outra de area: o xuíz estimou a demanda social no referente á interpretación do artigo 32.1 e desestimou a da aplicación do SMI,dándolle a razón á patronal. Así sentenciou:

Aplicación do artigo 32.1 do XV convenio para centros asistenciais e de emprego:

1º -  O 3,75% de suba salarial aplicarase ao Salario Base (SB 2019) de todas as categorías para 2022 e conxelarase para 2023 e 2024. O SB é o establecido para 2019 e conxelado o 2020 e 2021.

2º - Aos que cumpriron ou vaian cumprir o N1 (7,5% do SB) terán a maiores o 1,7% ( do 50% do IPC acumulado de 2019 a 2021-6,8%- a aplicar a partes iguais ao N1 e N2) aplicándoselles o 9,2% de N1, que suporá un incremento salarial total do 5,39%. Aos que vaian cumprir o N2 (5,5%) terán a maiores o 1,7%, pasando o N2 a 7,2%, que suporá un incremento salarial total do 7,48%.

Deste xeito os incrementos son para 2022, quedando o 2023 e 2024 conxelados, o que suporá grandes perdas de poder adquisitivo (IPC) coa inflación que estamos a padecer na actualidade, pois este ano vai pechar sobre o 9% o IPC (2021 pechou co 6,5%), e o próximo ano 2023 prevese que sexa entre o 5 e o 6%, faltando o 2024, sobre o que non temos previsións, pero sumará en negativo. Ademais a fenda salarial entre salarios máis altos e os máis baixos incrementase máis aínda.

Exemplo da aplicación do art. 32.1 segundo interpreta a parte social, para un coidador/a:

COIDADOR/A  2019-2020-2021

Salario Base-SB

N1

SB + N1

N2

SB+N1+N2

990 €

7,5%= 74,25€

1.064,25 €

5,5%= 54,45€

1.118,70 €

   2022

3,75%=37,12€   SB=1.027,13€

7,5%+1,7%= 9,2%         94,50€

1.121,63 €

5,5%+1,7%= 7,2% 73,95€

1.195,58 €

2023 (Conxelación)

1.027,13 €

Idem ao cumprilo

1.121,63 €

Idem ao cumprilo

1.195,58 €

2024 (Conxelación)

1.027,13 €

Idem ao cumprilo

1.121,63 €

Idem ao cumprilo

1.195,58 €

% Suba real total

3,75%

 

5,39%

 

6,87%

Ollo! A sentenza non foi firme polo que a patronal decidiu recorrela ao Supremo, nun acto máis de irresponsabilidade patronal e desconsideración cara o persoal traballador e as OO.SS, o que xa é unha constante na súa actitude inmobilista e involucionista nestas mesas negociadoras estatais, que sempre denunciamos dende a CIG-Ensino e outros consenten, mirando máis polos seus propios intereses que polos do persoal traballador que din que representan.

A CIG-Ensino rexeitou este artigo do XV convenio, no seu momento, por garantir “futuras perdas de poder adquisitivo”, o que é INSUFICIENTE e INASUMÍBEL. Estamos ante un novo entreguismo sindical á patronal, que agora se demostra cos feitos. Nin asumen o asinado polas partes!

O máis triste foi que as reivindicacións dos sindicatos estatais “maioritarios”, nas 16 mesas negociadoras dende marzo de 2021 (que remataron co mísero preacordo roto por CCOO), nos dous SIMAs levados a cabo para conciliar e na mesa negociadora imposta polo xuíz da AN, antes deste sentenciar, estiveron por debaixo do que  recollía o dito artigo asinado por eles coa patronal. Por orde cronolóxica (mentres a CIG-Ensino se mantivo no defendido como xusto e coherente dende a 1ª mesa negociadora, de “aplicar unha Cláusula de revisión salarial anual” que garanta o IPC), resumimos as distintas propostas sociais feitas polos sindicatos estatais:

1º - Logo do preacordo acadado, roto por CCOO, este reivindica que nas subas de 2022 se meta cláusula de revisión salarial, deixando 2023 e 2024 coas porcentaxes do preacordo sen dita cláusula.

2º - Nos SIMAs, ante a nova negativa da patronal a tocar o 2022, xa se propoñían subas do 1,5% a maiores para cada un dos anos 2023 e 2024, se os IPCs acumulados cada 2 anos excedían dunha determinada porcentaxe. A patronal non accedeu e menos mantendo o resto de melloras sociais.

3º - Na mesa negociadora, forzada polo xuíz antes de ditar sentenza, os sindicatos estatais xa propuxeron incrementos salariais de cara a redacción do novo artigo 32.1 do futuro XVI convenio, do período 2025-2027, deixando o anterior período tal cal recollía o preacordo roto. Estas propostas, cedendo unha vez máis ante a patronal, eran subir o 3,75% o SB no 2025; logo se o IPC acumulado nos anos 2022-2024 estaba entre o 6% e o 10%, no 2026 subiríase un 1% máis ( acadando o 4,75% do SB do 2024) e se o IPC no período 2022-2024 superaba o 10%, no 2027 subiríase outro 1%         (acadándose así o 5,75% no SB no período 2025-2027). Por suposto manteríase o N3 co 3,75% dende 2025 (os que acadaran antes o N2, claro). Non se pechou esta proposta por simplemente ligala a patronal a que se chegara a acordo nas demais melloras sociais e laborais antes do 30 de novembro, senón decaería esta proposta.

Ben, pois esta foi e é a realidade destas mesas “negociadoras”, nas que o sindicato maioritario fracasou nos bandazos dados e chegou a convocar mobilizacións en solitario, máis como un lavado de cara na defensa dos seus intereses, que na defensa dos do colectivo aos que di que representa.

A CIG-Ensino leva propoñendo mobilizacións e presión social, practicamente dende o comezo das negociacións, non sendo secundadas polas demais OO.SS, sabedores que este é o rumbo a seguir e con propostas e liñas vermellas que dignifiquen o convenio, non con parches e enganos.

Aplicación do Salario Mínimo Interprofesional (SMI):

A demanda social de que o persoal traballador ten dereito a percibir o SMI en cada momento vixente, ademáis de percibir as cantidades que poidan corresponderlles polos complementos previstos nos artígos 9.2 e 3, 30.2 e 3, 33, e 34 todos eles declarados polo propio convenio como non absorbibles nin compensables, foi desestimada, agás o complemento de nocturnidade, polo xuíz da AN debido á disposición transitoria 7ª do XV convenio: Aplicación SMI, a cal regula este concepto que as partes asinantes negociaron e pactaron a posteriori recollendo na súa literalidade: Para a aplicación correcta do R.D. 1463/18, do 21 de decembro, establécese un complemento persoal e absorbible para os casos nos que a cuantía do salario no seu conxunto e en cómputo anual fora inferior ao SMI…”.

Un despropósito máis cando se cede na mesa negociadora ante imposicións patronais que recollen no texto os seus intereses e deixan sen efecto normas anteriores, pasando así os peor pagados a non ver incrementados os seus salarios mínimos, polas absorcións dos demais complementos gañados co seu traballo e así equiparar salarialmente a quen acaba de chegar, con quen leva anos traballando. Unha vez máis nas reivindicacións desta nova negociación do XVI convenio, esquecéronse do SMI, como salario base, que si reivindicamos dende a CIG-Ensino, así como o diferencial con categorías superiores que se poden ver de novo igualadas cunha suba do SMI no 2023 (1049€).

Nova mellora acadada no articulado do XV convenio polos servizos xurídicos da CIG no SIMA:

En base a unha normativa xurídica, os servizos xurídicos da CIG, acadaron un importante acordo no SIMA, que está pendente de recollerse no articulado do convenio cando se restablezan as negociacións, que di: “O persoal traballador terá dereito a percibir o abono dos pluses, como o complemento de nocturnidade do art. 35,  durante os períodos de vacacións e noutros supostos de ausencia por causa legal”. Se che recortaron este dereito na túa nómina reclámao por escrito e teranche que restablecer  cantidades dos pluses que teñas.

Volver