Un Nadal máis coas pagas extras recortadas

A CIG-Ensino denuncia que o profesorado galego continúa por oitavo ano consecutivo coas pagas extras recortadas

Desde a implantación dos recortes retributivos no ano 2010, o profesorado de Galiza deixou de percibir as pagas extras íntegras. Os recortes viñeron tanto do Goberno Central como da Xunta de Galiza. A parte da nosa nómina que depende da normativa estatal é a dos conceptos de soldo, complemento de destino e trienios mentres que a Xunta ten plena competencia para regular o complemento específico, no cal se inclúe o que nas nóminas aparece expresamente como específico xunto con outros conceptos como sexenios, titoría e outros cargos docentes, no caso de telos (departamento, cargos directivos, etc…). 

Foi esta última parte da extra, o complemento específico, a que recuperamos neste 2017, sen que por parte do Goberno Feijóo se acometese un plan para devolver o que nos foi quitando nestes anos, como se comprometera nun acordo cos sindicatos estatais que habitualmente asinan todo canto lle poñen por diante e que a CIG-Ensino xa denunciara no seu momento, xusto ás portas da últimas eleccións autonómicas. 

A día de hoxe non só non recuperamos o roubado senón que as nosas extras seguen recortadas nunha das contías que dependen do Estado. Concretamente seguimos co soldo da extra reducido. Así, no presente ano 2017 unha funcionaria do corpo de mestres ou PTFP (Subgrupo A2) cobrou 264,81€ menos en cada unha das pagas extras, o que supón un recorte de 529,62€ no ano. O recorte é aínda maior no resto dos corpos docentes vinculado ao Subgrupo A1, xa que nestes caso o profesorado ten un recorte de 866,46€ (433,23€ en cada paga). 

Polo tanto, o profesorado segue, a día de hoxe, soportando recortes nas súas retribucións mentres ten que escoitar día a día que estamos en fase de recuperación económica e que non hai nada que impida que se suban os salarios. 

SUBGRUPO

Soldo mensual ordinario

Soldo na paga extra 2017

Diferenza na extra

Recorte anual

A1

1.131,36€

698,13€

433,23€

866,46€

A2

978,26€

713,45€

264,81€

529,62€

A estas contías hai que engadirlle a diferenza nos trienios para todo aquel profesorado con antigüidade. Os trienios tamén foron recortados no ano 2012, manténdose ese recorte durante todos estes anos.

 

Trienios ordinarios

Trienios nas pagas extras

A1

43,51€

26,85€

A2

35,47€

25,87€

A CIG-Ensino demanda unha cláusula de revisión salarial vinculada ao IPC

Para a CIG-Ensino o Goberno Central debería fixar por Lei que os incrementos retributivos dos e das empregadas públicas deberían estar vinculados á suba do IPC e que, cada ano, se fixase unha revisión sobre esa suba, de tal maneira que se a carestía da vida foi superior á inicialmente prevista se actualizase a finais de ano coa percepción da revisión oportuna. Este sería o único sistema para evitar que o profesorado, como o resto do persoal ao servizo das AA.PP. vise como ano tras ano perde poder adquisitivo.

Diante da incerteza de que podan aprobarse uns orzamentos para 2018, a CIG demanda que se habilite unha suba respondendo a este criterio de revisión salarial vinculada ao IPC mediante a aprobación dun Real Decreto que salve o bloqueo da inexistencia de novos Orzamentos, evitando deste xeito que o persoal público podamos ser reféns da incapacidade do Goberno Rajoy de ter unha novas contas aprobadas.

Non recuperamos o roubado. Non o esquecemos.

Nunca está de máis reiterar a suma total dos cartos que nos roubaron nestes anos, para que non o esquezamos entre tanta campaña de mentiras por parte dos gobernos do PP. É preciso que lembremos o que por xustiza nos corresponde e nos foi recortado. Para que se lles caia a cara de vergoña a eses mesmos gobernos cando nos digan que estamos xa recuperando os nosos salarios completos e para que sexa un aviso a navegantes a aqueles sindicatos sempre dispostos a chegar a novos acordos esquecéndose de todo o que nos quitaron.

 

Mestres (A2-Nivel 21)

PTFP (A2-Nivel 24)

PES EOI EAS (A1 Nivel 24)

Sexenios

Perda salarial anual 2017

Perda acumulada desdo o 2010

Perda salarial anual 2017

Perda acumulada desde o 20110

Perda salarial anual 2017

Perda acumulada desdo o 20110

0

-4.009,21€

-31.227,49€

-4.223,80€

-32.644,10€

-5.124,59€

-39.218,53€

1

-4.262,91€

-33.439,04€

-4.477,50#

-34.797,65#

-5.456,38€

-41.866,25€

2

-4.546,81€

-35.867,25€

-4.761,41€

-37.283,85€

-5.818,38€

-44.847,50€

3

-4.876,28€

-38.926,40€

-5.090,87€

-40.266,97€

-6.225,93€

-48.463,76€

4

-5.281,31€

-42.671,93€

-5.495,90€

-44.090,23€

-6.709,05€

-52.762,89€

5

-5.504,66€

-44.504,67€

-5.719,25€

-45.908,73€

-7.010,49€

-55.138,25€

Neste cadro figura a perda de poder adquisitivo desde o ano 2010 en diferentes casos de docentes en función da súa antigüidade e sen cargos directivos ou de coordinación. As cifras inclúen o recorte real e directo nas nóminas sumado á desviación do IPC real, que é o que ofrece un visión máis axustada de como os recortes implicaron e seguen a implicar que o noso poder adquisitivo caese nun 23% en sete anos.

CIG Informa con información desglosada sobre os recortes na paga extra

Documento


Volver