Un Encontro Sindical para falar de educación e sindicalismo

Encontro Sindical. Educación e sindicalismo: panorama e retos

Venres 12 de novembro ás 17 horas no Edificio Cersia, en San Lázaro (Compostela).

Baixo a denominación Encontro Sindical. Educación e sindicalismo: panorama e retos, as diferentes organizacións sindicais de fóra de Galiza convidadas ao 8º Congreso do sindicato participarán neste foro de debate e posta o día sobre a situación que atravesan os respectivos sistemas educativos e a resposta sindical que se debe dar desde o soberanismo, no caso das organizacións das nacións sen estado convidadas, así como da maior organización sindical docente de Portugal.

De querer asistir ao Encontro, e só por motivo de aforo, fainos chegar a túa petición enviando un correo electrónico a galiza@cig-ensino.gal 

O acto dará comezo ás 17 horas no Edificio Cersia, en San Lázaro (Compostela) e nel participarán a FENPROF (Federação Nacional de Professores de Portugal), SPN (Sindicato de Professores do Norte), ELA, LAB, CSC-Intersindical de Catalunya, STPV-Intersindical Valenciana e CIG-Ensino.

 

Volver