Últimas informacións sobre o Concurso Xeral de Traslados

Continúa a incerteza e a falta de información definitiva sobre a resolución definitiva do Conxurso Xeral de Traslados

A actuación da Consellaría en todo este proceso é o paradiga do funcionamento errático e de total desconsideración co profesorado que está producindo graves prexuízos a un importante número de docentes. A CIG Ensino ven esixindo a dimisión do Conselleiro como máximo responsábel deste desatino que nen sequera se dignou a convocar a Mesa Sectorial Docente para tratar este asunto de máxima importancia.

Información facilitada pola Consellaría á CIG Ensino.

A Consellaría -unha vez que o xulgado número 2 do contencioso administrativo de Santiago, que ditou a sentenza contra o Concurso Xeral de Traslados (CXT), deu un prazo de 2 días para presentar o recurso de apelación- entende que hai personados no proceso e que como consecuencia a senteza podería non ser firme ao poder ser recorrida diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (T.S.X.G.).

Ante esta situación, de haber recurso ante o T.S.X.G., a Consellaría afirma que caben tres posibilidades.

1.- Anular o CXT. Cuestión que afirma non vai a tomar por non ter base legal para facelo.

2.- Auto do Tribunal número 2 do contenciso administrativo de santiago sentenciando que se execute provisionalmente a sentenza á espera do que resolva o T.S.X.G.

3.- Se non hai resolución do xulgado número 2 obligando a aplicar a sentenza porvisionalmente e hai recurso antre o T.S.X.G. sentenza non sería firme e entón a Consellaría efectivizaría a resolución definitva do CXT, xa publicada no DOG o 14 de abril de 2014.

Neste terceiro suposto podería suceder que cando o T.S.X.G. dite sentenza e de ser coincidente co fallo do Tribunal número 2 de santiago comportaría retrotaerse ao momento acutal e adxudicar un novo CXT en base ao novo baremo que fixe a sentenza.

O Concurso de Adxudicación de Destinos Provisionais queda pendente da resolución de toda esta situación.

Tomade esta información con cautela, xa que desde o inicio deste proceso véñense dando informacións contraditorias.

Volver