
Publicada no DOG a orde que regula o procedemento de integración de PTFP en PES
Toda a información que precisas sobre o procedemento de integración
ORDE do 28 de outubro de 2022 pola que se convoca o procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario. Ligazón
Prazo
Do 10 de novembro ao 9 de decembro (ambos incluídos)
Participación electrónica
Mediante o procedemento ED021A aberto na sede electrónica. Ligazón
Aconsellamos que na tramitación na sede electrónica se autorice á Consellaría a comprobar os datos que figuran na convocatoria (titulación, situación administrativa…)
Videotitorial
Documentación da titulación requirida (datos persoais)
- O profesorado que teña a titulación requirida actualizada no seu expediente en datos persoais non ten que achegala. Será suficiente coa solicitude de participación.
- O profesorado que non teña a titulación actualizada debe achegar o título; se non se dispón del, debe achegarse a certificación académica oficial xunto co recibo de ter efectuado o pago de taxas a través dun procedemento diferente: o ED011A (aberto para actualizar datos persoais).
Requisitos básicos
Hai que ter a condición de funcionaria ou funcionario de carreira do corpo, a extinguir, de PTFP en calquera das 29 especialidades (tanto nas que pasan ao corpo de PES como as que se transforman en PESSFP) e cumprir os seguintes requisitos no prazo de presentación de solicitudes:
- estar en servizo activo con destino definitivo ou en expectativa en Galiza ou ben estar en servizos especiais, excedencia por coidado de familiares, violencia de xénero ou violencia terrorista, sempre que tivera o seu último destino en servizo activo en Galiza.
- ter titulación universitaria (grao, licenciatura, enxeñaría superior ou arquitectura; diplomatura, enxeñaría, técnica e arquitectura técnica)
Que diferenza hai entre as especialidades que se integran en PES e as 10 que pasan a PESSFP?
As 19 especialidades que pasan a PES intégranse como tales no corpo de PES e o funcionariado delas que o solicite, e conte coa titulación requirida, pasa a ser da especialidade correspondente do corpo de PES.O profesorado funcionario de carreira das outras 10 especialidades, tamén sempre que teña a titulación requirida e solicite a integración, intégrase con carácter persoal no corpo de PES (aínda que a especialidade como tal non o faga).
Tramitación
- Haberá unha publicación de resolución provisional na web coa listaxe de persoas a integrar no corpo de PES así como das persoas excluídas.
- Abrirase un prazo de 10 días hábiles para reclamar a través do propio procedemento da sede electrónica (apartado “alegacións”)
- Publicarase a resolución definitiva na web.
- Publicarase no DOG e no BOE.
Efectos da resolución para quen participe nesta convocatoria
- Desde o 19 de xaneiro de 2021 para quen cumprira as condicións desde esa data.
- Desde a data na que figure o nomeamento no corpo de PTFP no caso de quen aprobou as oposicións de 2021 (setembro de 2022)
Profesorado con máis dunha especialidade
Quen, na data de integración, teña dúas ou máis especialidades do corpo de PTFP integrarase nas correspondentes especialidades novas de PES, mantendo a atribución docentes en todas elas.
A ter en conta:
- Se estás en excedencia por incompatibilidade no corpo de PTFP e en activo no corpo de PES: aínda que a norma non recolle a posibilidade de que participes, debes facelo xa que a Consellaría se comprometeu na Mesa Sectorial a que, aínda que non poidas figurar na publicación final no BOE, si que valoran a posibilidade da publicación dunha listaxe de recoñecemento formal a nivel galego.
- Se estás en activo no corpo de PTFP e xa formas parte do corpo de PES noutra especialidade: debes participar para adquirir a nova especialidade que actualmente tes como PTFP xa como correspondente ao corpo de PES.
- Se aprobaches no 2021: como indicamos, a Consellaría só vai recoñecer os efectos retroactivos desde que te nomearon como funcionario ou funcionaria de carreira e desde o sindicato consideramos que isto é xudicialmente recorríbel polo que se queres presentar recurso debes poñerte en contacto co sindicato.
- Se es interino ou interina dalgunha das 19 especialidades que se integran en PES. A CIG-Ensino considera que se podería estar a conculcar o principio de igualdade polo que se debe dar o mesmo trato ao persoal temporal que ao fixo. Con todo, o momento para reclamar non está vinculado con esta convocatoria, xa que o procedemento aberto só pode estar dirixido a funcionariado de carreira, ao se tratar dunha integración nun corpo (PES) que exixe ser funcionariado de carreira doutro corpo (PTFP) previamente. Desde o sindicato promoveremos recursos xudiciais no momento no que se constate, mediante unha norma ou acto expreso, a exclusión do profesorado interino dos efectos retroactivos desde xaneiro de 2021.
- Se es funcionario ou funcionaria de carreira do corpo de PTFP e non vas poder integrarte. A CIG-Ensino non vai cesar na súa demanda sindical do pago dun complemento compensador para todo o profesorado a extinguir ou que traballe na Formación Profesional. De igual xeito defenderemos todo tipo de iniciativas que garantan todos os dereitos de mobilidade que a norma estatal non regula correctamente.
Cambios nos códigos
- Todas as especialidades que se integran pasan a ter o código 590 do corpo de PES.
- Das especialidades que se integran como tal no corpo de PES todas manteñen o código da especialidade de procedencia (ex: 590225 Servizos á Comunidade) agás Equipos electrónicos que pasa a ser 590231.
- Nas 10 especialidades de PESSFP nas que o profesorado pode pasar con carácter individual tamén hai cambios de códigos (mais só para este profesorado). Todas pasan a ser 590 e só dúas cambian o código de especialidade: Cociña e Pastelaría (590230) e Estética (590232).
Especialidades que se integran no corpo de PES
Código |
Especialidade |
590231 |
Equipos Electrónicos |
590205 |
Instalación de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos |
590206 |
Instalacións Electrotécnicas |
590208 |
Laboratorio |
590207 |
Instalacións e equipos de cría e cultivo |
590210 |
Máquinas, Servizos e Produción |
590212 |
Oficina de Proxectos de Construción |
590213 |
Oficina de Proxectos de Fabricación Mecánica |
590214 |
Operacións e Equipos de Elaboración de Produtos Alimentarios |
590215 |
Operacións de procesos |
590216 |
Operacións e Equipos de Produción Agraria |
590219 |
Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico |
590220 |
Procedementos Sanitarios e Asistenciais |
590221 |
Procesos Comerciais |
590222 |
Procesos de Xestión Administrativa |
590224 |
Produción Téxtil e Tratamentos Fisicoquímicos |
590225 |
Servizos á Comunidade |
590227 |
Sistemas e Aplicacións Informáticas |
590229 |
Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son |
Especialidades que pasan ao corpo de Profesorado Especialista en Sectores Singulares da FP (PESSFP)
Código |
Especialidade |
590230 |
Cociña e Pastelería |
590232 |
Estética |
590204 |
Fabricación e Instalación de Carpintería e Moble |
590209 |
Mantemento de Vehículos |
590211 |
Mecanizado e Mantemento de Máquinas |
590217 |
Patronaxe e Confección |
590218 |
Peiteado |
590223 |
Produción de Artes Gráficas |
590226 |
Servizos de Restauración |
590228 |
Soldadura |