Toda a información da mesa do 5 de maio de 2011

A CIG-ENSINO denuncia que a Consellaría de Educación non asume o seu compromiso efectivo coa atención á diversidade nos centros educativos dotándoos de máis profesorado

Este proxecto de Decreto é moi xenérico e indefinido. Non se fixan recursos, nin medios, nin cadros de persoal, nin ratios... Un Decreto non ten que baixar ás particularidades, mais debe de recoller referencias básicas sobre determinados aspectos, que impidan que se dean situacións de abuso ou de interpretación que sexan contraproducentes.

CIG-Ensino: gustaríanos ter máis tempo, pois en tres catro días non é suficiente para contrastar co profesorado… Antes de pasarmos ao articulado temos unha serie de consideracións importantes:

Este proxecto de Decreto é moi xenérico e indefinido. Non se fixan recursos, nin medios, nin cadros de persoal, nin ratios... Un Decreto non ten que baixar ás particularidades, mais debe de recoller referencias básicas sobre determinados aspectos, que impidan que se dean situacións de abuso ou de interpretación que sexan contraproducentes.

Polo tanto, desde a CIG-Ensino, valoramos que estamos ante unha proposta ambigua e inconcreta que, se non se corrixe, non vai significar o avance que a atención á diversidade precisa.

Observase unha falta de compromiso total da consellaría para garantir recursos humanos  e en boa mediada traslada a responsabilidade aos centros sen ningún compromiso de facilitar recurso e atender as súas peticións.

Á CIG-Ensino preocúpalle este borrador de Decreto porque non garante, aínda que pretenda aparentalo, unha educación inclusiva que debe escolarizar todo o alumnado na aula e centro que lle corresponde. Por iso, desde ao primeiro día, exiximos que cuestións como a escolarización preferente en centros específicos e aulas específicas, deben ser moi, moi excepcionais.

Tamén nos preocupa porque se sobrecarga o traballo dos centros, nos aspectos burocráticos e administrativos que teñen que soportar os centros. En consecuencia é imprescindíbel e urxente a dotación de administrativos e ampliación da reducións horarias aos cargos directivos e profesorado.

 PROPOSTAS xerais importantes que debe recoller o proxecto:

  • Desde a CIG-Ensino, entendemos que a Consellaría debe dotar todos os centros cos recursos necesarios para poder integrar o alumnado no centro e unidade  que lle corresponde. Esa é a verdadeira inclusión, claro isto conleva máis persoal e garantir as demandas dos centros.
  • Deberán explicitarse os cadros mínimos de persoal, incluíndo a presenza doutros especialistas. Todos os centros deben contar cos recursos necesarios para atender a diversidade do alumnado.
  • Precisase dotación  orzamentaria para atención a diversidade
  • Necesidade de elaborar un mapa de orientación escolar.
  • Actuar con medidas preventivas. O decreto debe recoller a necesidade dunha  valoración inicial psicopedagóxica a todo o alumnado para poder actuar a tempo e con éxito, que non se está a facer e pensamos que é fundamental. 
  • Cuestións como a escolarización preferente en centros específicos e aulas específicas para estender e ampliar este servizo, deben ser moi excepcionais.
  • Debe recollerse, porque iso é o que compromete á Administración que: todos os centros de seis ou máis unidades  dotaráselle de orientador a tempo total. Ampliaranse os actuais cadros de persoal  no sentido de dotar todos os centros dun profesor/a  de AL como mínimo nos centros de 9 ou  de máis de 9 unidades. Todos os centros terán garantido a dotación de profesorado de PT e AL e  orientación escolar.  Tenderase a dotar de segundo orientado e segundo AL a aqueles centros de máis de  18 unidades.
  • Partindo do actual  cadro mínimo de persoal,verase incrementado cun posto máis de PT cando se escolarizan alumnos con trastornos motóricos, psíquicos,  personalidade, síndrome de hiperactividade ou  conduta e un máis de AL cando hai casos de trastornos sensoriais. A consellaría dotará todos os centros do profesorado de PT e AL  e orientadores  necesarios.
  • Aqueles centros que teñan unidade de educación especial ou sexan centros de referencia dotaráselle , por riba do que lle corresponde  dun  mínimo  dun  AL, PT máis  e terán orientador/a a tempo completo.  reforzado co profesorado de PT e AL, que sexa necesario, a tempo completo.
  • Debe garantirse a atención de orientación, por iso cómpre a ampliación da figura de Xefe de Departamento de Orientación a todos os centros de Educación Primaria, Educación Infantil e Primaria de 6 ou máis unidades.
  • O estabelecemento das medidas precisas (redución horaria, formación específica, etc.) para impulsar a titoría como primeiro nivel de actuación no campo da orientación
  • A ampliación da rede de Equipos de Orientación Específica e o número de especialistas e de perfís, incluindo o de sindrome de hiperactividadee deficit de atención, nos actuais equipos específicos.Ampliar os  equipas específicas sería moito máis racional, pois unha distribución provincial non é axeitada, hoxe son iguais os equipos de Lugo, Ourense e Pontevedra e a Coruña, cando o número de centros e de alumnos e alumnas é moi diferente. Imposne unha comarcalización, ampliando o seu persoal, e as especialidades a outroa perfís, facendo un mapa comarcalizado, partindo do alumnado que ten que atender, partindo dunha rede básica: A Coruña, Ourense, Lugo, Pontevedra, Vigo.
  • Precisase que se recolla a dotación doutros/as profesionais como como educadores/as, traballadores/as sociais, coidadores/as, técnicos/as da linguaxe de signos, etc.”.
  • Non recolle o borrador nada respecto das coidadoras e das súas funcións nos centros educativos. Séguese na indefinición actual sin recoñecer o caracter educativo do seu traballo. Estes profesionais realizan unha importantísima labor co alumnado máis discapacitado. Gracias a elas poden estar nos centros educativos. Debería existir unha referencia a isto.
  • Deben establecerse as rateos, é preocupante que non apareza nada, nin sequera aparece a disposición a reducir as rateos das aulas que escolaricen alumnos con necesidades educativas. Nin sequera a redución de rateos en infantil que é unha proposta do PP e pasou o ecuador da lexisltura sen que se recolla.
  • Aínda que aparece como medida os desdobres non aparece a redución das ratios a 15 alumnos/as por aula en Educación Primaria e 20 en Secundaria, contabilizando sempre o alumnado repetidor e reducindo estas ratios cando se escolarice alumnado con necesidades educativas especiais.
  • Co obxecto de atender adecuadamente a escolarización do alumnado inmigrante, garantirase o profesorado de apoio necesario e especifico de idiomas, cando sexan necesario.
  • De persistir na creación de unidades de educación especial e centros de referencia teríanse que fixar os criterios que se van seguir para estabelecer os centros de escolarización preferente e aulas específicas, é dicir, a rede de centros de escolarización preferente. 
  • Os centros que conten con aulas específicas deben contar co Departamento de Orientación, reforzado co profesorado de PT e AL, que sexa necesario, a tempo completo.
  • Fálase da colaboración das familias mais non se recolle a promoción real da conciliación da vida familiar coa vida laboral durante a escolaridade obrigatoria do alumnado, por tanto deberíase estabelecer o dereito do traballador e da traballadora á ausencia do posto de traballo para entrevistas co titor/a do seu fillo/a.  
  • A garantía de desdobres e/ou grupos reducidos por debaixo das ratios estabelecidas para atender a atención a diversidade .
  • O deseño dun plan de formación do profesorado para adquirir a formación necesaria na atención á diversidade, facilitando a asistencia a estas actividades normativas dentro do horario lectivo.
  • Debe recollerse a promoción de medidas compensatorias para grupos excluídos socialmente.

A CIG-Ensino bota en falta a inconcreción na dotación de recursos que pode cuestionar a posta en marcha do decreto.

Respecto do articulado:

Capítulo I:

Artigo 4.4. Suprimir entidades, porque evidentemente debe corresponderlle só á Administración e non a outras entidades, independentemente das colaboracións que haxa.

 

Capítulo II

 

Artigo 5.1. Que criterios se van seguir na escolarización de acneae, xa que os centros privados eluden esta obriga de maneira alarmante.

Artigo 5.2. Engadir ao principio: A Consellaría dotará todos os centros de profesorado de PT, AL e orientadores, ademais dos recursos necesarios para ofrecer ... pensamos que con esta proposta está explícito o compromiso da Admón.

Propomos novos apartados que melloran e concretan o texto, explicitando as responsabilidades da Admón.

Artigo 5.6. Engadir novo apartado: “Elaboración dun plan de formación para todo o profesorado, co obxectivo de facer fronte e ter a formación necesaria para abordar a atención á diversidade, facilitando a asistencia ás actividades formativas dentro do horario lectivo.”  

 

Artigo 5.7. Engadir novo apartado: A redución das ratios a 15 alumnos/as por aula e 20 en Educación Primaria e en Secundaria, contabilizando sempre o alumnado repetidor e reducindo estas ratios cando se escolarice alumnado con necesidades educativas especiais.”

 

Artigo 5.8. Engadir novo apartado: “A garantía de desdobres e/ou grupos reducidos por debaixo das ratios estabelecidas, sempre que sexan necesarias coa conseguinte dotación de profesorado necesario.”

 

Artigo 5.10. Engadir novo apartado: A dotación de persoal específico non docente onde sexa necesario, como educadores/as, traballadores/as sociais, coidadores/as, técnicos/as da linguaxe de signos, etc.”

 

Artigo 5.11. Engadir novo apartado: Ampliación dos actuais coidadores garantindo a súa actuación en todos os centros onde sexan necesarios.”

 

O artigo 6 fala das actuacións dos centros docentes, pero non explicita quen será o responsable de  cada unha (equipo directivo, DO, …).

Artigo 6.5. Parécenos ben, mais vai ser difícil aplicar isto sen orzamento específico.

Artigo 6.6. Se queremos realmente potenciala engadir ao final: “cunha maior redución horaria no seu horario lectivo”.

Artigo 6.7. Engadir ao final: “A promoción real da conciliación da vida familiar coa vida laboral durante a escolaridade obrigatoria do alumnado. Estabelecer o dereito do traballador e da traballadora á ausencia do posto de traballo para entrevistas co titor/a do seu fillo/a., de ser necesario”

Artigo 8.2.a, é unha obviedade, mais pensamos que debe recollerse sen que isto repercuta nas condicións de traballo do profesorado.

Artigo 8.2.m. Novo apartado: Redución de alumnos/as por aula.

Neste artigo aparecen algunhas medidas ordinarias que deberán desenvolver e aclarar (programas de recuperación, programas específicos personalizados…) para diferencialos e indicar cando utilizar cada un deles.

Artigo 9.2. Suprimir ao final: “e, cando cumpra, do Ministerio de Educación”. As competencias están transferidas, entendemos que non vai ser o ministerio que marque o que hai que facer. As normas claro que hai que cumprilas.

Artigo 9.3:  canto ao profesorado de PT e AL falamos de medidas extraordinarias, e está ben, mais entendemos que tamén debería ser unha medida ordinaria.

Artigo 10. Tería que recoller con que medios vai contar o centro para levar a cabo os programas do plan de atención á diversidade. Trasládase moita responsabilidade aos centros, mais non se concretan os recursos.

Artigo 11. 2. Modificar: “O plan xeral de atención á diversidade será aprobado polo claustro e ratificado polo consello escolar.”. Pensamos que é unha competencia exclusivamente pedagóxica, ten que decidilo o claustro, logo será ratificado polo Consello Escolar

Artigo 11.3. É un pouco contraditorio que  o DO deba elaborar o plan xeral de atención á diversidade e despois o equipo directivo o responsable do desenvolvemento, seguimento, avaliación … o lóxico é que o DO deba facer a concreción anual do plan e despois o equipo directivo deba avalialo e realizar  a memoria correspondente, cando ademais no artigo 12 na estrutura do plan aparecen no punto 10 os procesos de seguimento, avaliación e mellora do plan.

Artigo 12.8. modificar: “cos diferentes servizos públicos  externos ao centro”.

 

Artigo 14. Engadir ao final: “velar para que se faciliten os recursos demandados”.

Chama a atención que non apareza ningún compromiso da Administración en relación co plan xeral de atención á diversidade.

Capítulo III:

Artigo 15. Pensamos que a escolarización do alumnado non debe estar condicionada polos recursos existentes. Se se recolle así é problemático, non achega nada e pode ser derterminante. No final do artigo entendemos que hai que ser máis contundente, por iso hai que substituír: “priorizarase” por “o criterio xeral será”.

Artigo 16.1. Como criterio xeral estamos en contra de que se creen unidades de educación especial en centros ordinarios. Non tendo sustento a súa conformación nos centros de educación primaria, moito menos nos de secundaria. En todo caso, habería que falar de agrupamentos específicos se fosen necesarios. Máis rechamante é que nin sequera se explicitan os criterios cos que se creen as unidades de educación especial en centros ordinarios. O que hai que facer é facilitar os recursos, especialistas e profesorado necesario para que todo o alumnado estea integrado na súa aula e centro ordinario. Moito menos sentido teñen en Secundaria

Artigo 18.1. A escolarización en centros de educación especial debe ser excepcional, ademais habería que regular o número de alumnos que se poden escolarizar aí.

Artigo 19. Completar: falta concretar número de alumnado por unidade e profesorado nas unidades de Educación Especial. Non se deben autorizar a tempo completo, non é unha medida nin educativa nin normalizada.

Artigo 20.1. Substituír: “e recursos que non poden facilitarse” por “e recursos que é imposíbel facilitar”. 

Artigo 20.9. Se se constitúen os centros de educación especial como centros de recursos específicos,  que será a persoa que coordine e se encargue diso? Pode ser interesante, pero vai supor un traballo engadido importante. Xa se consideraba esta opción antes, mais descoñecemos centros que funcionases como tales.

Capítulo IV:

Artigo. 20.3 Suprimir desde “mesmo con institucións” até o final. Non debe recollerse aquí o establecemento de convenios para descargar responsabilidades que lle corresponden á Admón.

Artigo 21.1. Suprimir desde “privadas” até o final. A permanencia no sistema educativo correspóndelle á Consellaría.

Artigo 23.1. Suprimir ao final: “privadas”.

Artigo 25.4. Substituír: “un mes” por “quince días” e “seis” por “catro”.

Artigo 27. Deben citarse expresamente cales son as medidas de protección, para evitar ambigüidades ( acollemento institucional,acollemento familiar e adopción)

Artigo 27.1. Suprimir desde “ou privadas” até o final.

Artigo 27.2. Tamén se ten que comprometer a Admón, por iso cómpre engadir ao final: “a escolarización do alumnado sometido a medidas de protección para a que a Administración dotará os recursos necesarios”.

Capítulo V:

Artigo 31. Engadir: “ou por trastornos de déficit de atención con ou sen hiperactividade”.

 

Artigo 35.2. só se establece o ditame escolar cando se precisan recursos extraordinarios, debe eliminarse esta acoutación e facerse en todos os casos.

Capítulo VI:

Artigo 36.3.  engadir: Para conseguir este fin a consellaría elaborara un plano de actuación ao respecto.

Artigo 37. 1. Substituír: “establecerá … até recursos humanos” por “dotará de recursos humanos suficientes para a atención ao alumnado con necesidades específicas”.

  • Ø Todos os centros de seis ou máis unidades  dotaráselle de orientador a tempo total. Ampliaranse os actuais cadros de persoal  no sentido de dotar todos os centros dun profesor/a  de AL como mínimo nos centros de 9 ou  de máis de 9 unidades. Todos os centros terán garantido a dotación de profesorado de PT e AL e  orientación escolar.  Tenderase a dotar de segundo orientado e segundo AL a aqueles centros de máis de  18 unidades.
  • Ø Partindo do actual  cadro mínimo de persoal,verase incrementado cun posto máis de PT cando se escolarizan alumnos con trastornos motóricos, psíquicos,  personalidade, síndrome de hiperactividade ou  conduta e un máis de AL cando hai casos de trastornos sensoriais..
  • Ø Aqueles centros que teñan unidade de educación especial o sexan centros de referencia dotaráselle , por riba do que lle corresponde  dun  mínimo  dun  AL, PT máis  e terán orientador/a a tempo completo.  reforzado co profesorado de PT e AL, que sexa necesario.

Artigo 37.2. Engadir ao final: “ademais doutro profesorado que sexa necesario”

Artigo 37.3. Suprimir “poderá”. Canto ás itinerancias engadir despois de “encomendar”: “casos excepcionais”, pensando naqueles casos en que teñen moi poucas unidades. 

 

Engadir neste artigo “dotar doutros profesionais”

Capítulo VII:

Artigo 39. Explicitar que os convenios teñen que ser públicos, deben ser sempre de carácter público.

Capítulo VIII:

Artigo 42,- modificar a redacción e recoller do seguinte xeito: “A consellería con competencias en materia de educación ofertará a formación inicial e permanente a todo o profesorado e establecerá o seu recoñecemento, favorecendo a súa participación como eixo de mellora da calidade educativa e do éxito escolar.”

Artigo 43. Engadir “a calidade do ensino”.

Artigo 44.3 Engadir dentro das actuacións educativas a galeguización do ensino e dominio do propio idioma. 

Volver