Situación actual do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
Comezamos unha recollida de sinaturas
Esiximos:
1. Que se inicie un proceso negociador para aplicar todo o persoal do Consorcio no Convenio único de persoal laboral da Xunta de Galicia.
2. Que se resolvan todas as irregularidades que se están a dar na actualidade no que ten que ver coa xestión das listaxes, substitucións, cobertura das baixas, modalidades de contratos, falla de recursos materiais e humanos, despedimentos, oferta formativa insuficiente, etc
3. Que se mellore e se faga pública a xestión das listas de contratación e substitución, aplicando os criterios que se aplican para o resto do persoal da Xunta.
4. Que se atendan en tempo e forma as demandas das diferentes necesidades dos centros.
5. Que co obxecto de estabilizar os cadros de persoal é necesario negociar o acceso a condición de laboral fixo.