
Servizos mínimos das folgas dos días 21 e 27 de setembro
Nova imposición da Consellaría de Educación
Na reunión para negociar os servizos mínimos a Consellaría de educación volve impor sen acordo os servizos mínimos no ensino, e volve privar ao profesorado das unitarias, non pertencentes a un CRA, do seu dereito á folga.
A CIG Ensino rexeitou estes servizos mínimo debido a que se lle conculca un dereito fundamental, como é o de folga, ao profesorado destes centros.
A consellaría vai aplicar sen acordo coas organizacións sindicais os seguintes servizos mínimos.
Centros de 6 ou máis de 6 unidades: 1 membro do equipo directivo.
Centros de menos de 6 unidades: 1 membro do equipo directivo ou membro do claustro no que deleguen.
Unitarias (non pertencentes a un CRA): un profesor ou profesora da unitaria.
Podedes ver a acta da reunión no arquivo anexo.