Saúde laboral e prevención de riscos no ensino

Porque como di o refrán “a saúde é o primeiro e nós dámoslle aprecio”: embarazo e lactación iluminación, orde, limpeza, accidentes, rouquén, caídas, violencia, ventilación, voz, tensión, problemas musculares, lumbalxia, xestión de residuos... no curso de Saúde laboral e prevención de riscos no ensino.

Obxectivos.

-Expoñer as situacións de risco ás que se enfronta o profesorado no desenvolvemento da súa actividade profesional.
-
Prover de recursos ao profesorado para identificar as situacións de urxencia que poidan ocasionarse nas aulas.
-
Dotar de coñecementos básicos para afrontar con éxito unha situación de urxencia.

Contidos.

1. Conceptos básicos sobre a seguridade e a saúde.
2. Riscos específicos no posto docente.
3. Riscos psicosociais no sector docente.
4. Plan de emerxencia e evacuación.
5. Primeiros auxilios, urxencias escolares e protocolos de actuación, programa alerta escolar.
6. Accidentes de traballo. Enfermidades profesionais.
7. Risco embarazo/lactación. Adaptación do posto de traballo por razóns de saúde.
8. Responsabilidade civil profesorado.

Matrícula.

Ligazón á matrícula (aberta a partir do 1 de xullo)

Volver