 
            
          Reunión da Mesa de Universidades do día 26 de febreiro
Mesa de Universidades
Reunión da Mesa de Universidades
26 
de febreiro de 2007 reuniuse a Mesa Sectorial de Universidades  -órgano de negociación entre a 
Administración, as Universidades e as organizacións sindicais-.  Nesta reunión fíxose unha primeira 
aproximación ao traballo que se quere levar adiante nos vindeiros meses no seo 
da Mesa Sectorial.  Se ben a 
Dirección Xeral de Ordenación
 Universitaria non 
presentou propostas nin calendario concreto, nos próximos meses será preciso 
abordar tanto reformas normativas, como o plano de financiamento e os 
complementos retributivos. A CIG considera prioritario, e así o fixo saber na 
Mesa, o debate sobre unha proposta de Lei de Universidades de Galicia que 
estableza o modelo de ensino universitario galego tan pronto resulte aprobada a 
reforma da 
 LOU.
 En relación con outras 
cuestións a CIG propuxo abordar de inmediato a definición da forma de 
integración e a regulación do status do persoal investigador coa participación 
da Dirección Xeral de I+D de acordo co criterio de que todo/a traballador/a debe 
ver recoñecidos o conxunto dos seus dereitos 
laborais.
En canto aos complementos retributivos a CIG defendeu que debe existir un complemento que, con carácter xeral, corrixa o desfase retributivo no que se atopa o conxunto do profesorado universitario, sen prexuízo da existencia doutros complementos de perfil docente ou investigador.
O 
Director Xeral informou que se instou á CENAI a avaliar "sexenios" 
de
 profesorado contratado 
doutor a fin de que podan solicitar os complementos retributivos 
autonómicos.  Nesta liña parece 
existir un plan piloto na Comunidade de Madrid que confían se estenda ao 
conxunto do profesorado.  Polo que 
respecta aos complementos de excelencia curricular informa de que na vindeira 
convocatoria está prevista a inclusión dun baremo que permita unha elección 
adecuada dos méritos a achegar.
Novas relacionadas


 
       
      