Reunión da Mesa de Universidades de Galiza

Universidade

Celebrouse unha reunión da Mesa de Universidades de Galicia na que, entre outros puntos, abordáronse os novos contratos para investigadores da Dirección Xeral de I+D+I; as conversións dos profesores colaboradores; os complementos autonómicos e a ampliación dos sexenios ao profesorado contratado estable.

Reunión da Mesa de Universidades

Celebrouse unha reunión da Mesa de Universidades de Galicia na que, entre outros puntos, abordáronse os novos contratos para investigadores da Dirección Xeral de I+D+I; as conversións dos profesores colaboradores; os complementos autonómicos e a ampliación dos sexenios ao profesorado contratado estable.

O Director Xeral de I+D+I fixo unha presentación das novas liñas de acción no ámbito do apoio á investigación mediante contratos para investigadores e tecnólogos en formación e xa doutorados.  A CIG fíxolle chegar a necesidade de abordar a regulación da /carreira dos investigadores /a fin de conseguir a súa estabilización nun marco que evite as tensións actuais pola desconexión coas plantillas e as funcións
da Universidade.
En relación cos /contratados estables /o Director Xeral de Ordenación Universitaria comunicou que para a próxima convocatoria de sexenios de investigación está prevista a sinatura de convenios coa CENAI a fin de que poidan ser avaliados os contratados Estables.  As Universidades comprometéronse, asimesmo, a habilitar procedementos de avaliación de quinquenios de docencia para este profesorado.  Deste xeito, Previsiblemente, na convocatoria de 2008 de complementos autonómicos habería contratados con posibilidade de optar a estes complementos ao dispoñer de sexenios e quinquenios.
En canto aos /profesores colaboradores/ informouse da próxima convocatoria dun proceso de avaliación para a conversión de colaboradores en profesores contratados doutores.  A CIG mostrou a súa preocupación pola diferencia da normativa galega en relación con este profesorado e instou a buscar un sistema para a conversión en indefinidos os contratos dos que non poidan optar ás prazas de Contratado Doutor.

No debate sobre os complementos autonómicos de xestión e de excelencia curricular a CIG fixo varias propostas para afinar os criterios utilizados de cara á súa vindeira Convocatoria prevista para o mes de setembro.

Volver