Reunión a requirimento da Inspección de traballo: a Consellaría segue poñendo parches tardíos á COVID

Un novo plan de formación covid comezará en xaneiro

Onte, mércores 16 de decembro, tivemos unha nova reunión coa Consellaría, a requirimento da inspección de traballo debido á denuncia da CIG pola actuación da Consellaría durante a pandemia.

Na reunión quedou de novo patente que a Consellaría incumpriu coa obriga legal de informar á representación das traballadoras e traballadores.

Posteriormente á reunión a administración remitiu un correo no que o único que destaca é o resumo das solicitudes presentadas polo persoal en risco e que se pode ver na seguinte táboa.

RESUMO DE SOLICITUDES

 

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

Totais

Solicitudes

420

107

98

199

824

Presentaron informes

178

80

62

142

462

Resoltos por inspección médica

162

 

 

 

162

Resoltos por Cualtis

16

76

62

142

295

 

Na mesma queda claro que o profesorado en risco optou, dada a actuación da Consellaría, por solicitar baixas ordinarias para capear da mellor forma posíbel o temporal creado non só pola pandemia, senón pola ineptitude dos responsábeis políticos da Consellaría.

Mención aparte merece o descoñecemento por parte da administración das medidas que se tomaron co persoal ao que se lle recoñeceu o risco nivel 2, unha vez que non se lle concedeu a adaptación do posto de traballo ou a tramitación da incapacidade temporal, sendo isto obriga da empresa. A inspección de traballo volveu requirir esta información, dando o prazo dunha semana e incidindo en que medidas se tomaron e que material  de protección se lles remitiu a este persoal para que seguira desempeñando o seu posto de traballo con seguridade.

Rematar destacando que na información remitida se nos adianta un programa de formación covid enfocado aos diferentes colectivos, pero chega tarde, xa que estamos nos centros desde setembro e o plan non chegará como moi pronto até xaneiro, cando desde a CIG Ensino xa reclamamos da administración en marzo de 2020 que comezaramos a traballar cara este curso.

 

Volver