
Rematou a negociación do novo RD de especialidades do corpo de mestres
Mesa docente MEC 03-02-11
Entre as cuestións reclamadas pola CIG-ENSINO, destacamos
- a posibilidade de que o profesorado que posúa os requisistos de titulación poida solicitar a habilitación para novas especialidades durante un prazo de tempo posterior á entrada en vigor deste RD.
- que se consideren as actuais titulacións de diplomado como equivalentes ás titulacións de grado a efectos de adquisición de especialidades.
Introdúcese tamén a posibilidade de que aquel profesorado que non conte coa especialización de Primaria e Infantil que durante tres cursos teña que impartir esas especialidades poida acceder a esas especialidades mediante procedemento que definan as CCAA.
A Administración non recolleu a nosa petición de que para poder impartir unha materia en lingua estranxeira haxa que estar en posesión da especialidade nesa lingua estranxeira ou do título de Grado na mesma e mantén como único requisito acreditar un nivel B2 do Marco Común Europeo.