Recursos didácticos para homenaxear a Carvalho Calero durante o mes das nosas Letras
Animamos o profesorado galego a enriquecer a listaxe de propostas de divulgación educativa da obra do profesor e escritor ferrolán para poder traballar con elas no que resta de curso académico
A celebración das Letras Galegas adicadas a Carvalho Calero vén marcada este ano pola alarma sanitaria provocada pola COVID 19. Neste momento a data de celebración por decisión da RAG está fixada para o 31 de outubro, por máis que algunhas entidades, entre as que se atopa a CIG-Ensino, solicitásemos o adiamento da celebración para o vindeiro ano 2021.
Ante esta situación e en vista de que nos foron chegando propostas de divulgación de materiais desde distintos centros docentes e de compañeiros e compañeiras particularmente, publicamos unha serie de recursos sobre Ricardo Carvalho Calero coa angueira de que sexan de proveito e utilidade didáctica sexa cal for a data oficial para homenaxealo e que ben se poden empregar ao longo do que queda de curso para dar a coñecer esta figura entre o alumnado.
Desde a CIG-Ensino dámoslle os parabéns a todo o persoal docente que levou a cabo estes proxectos nunha situación excepcional como a actual e agradecémoslle que nolos fixeran chegar. Así mesmo, agardamos poder seguir enriquecendo este repositorio con máis propostas pensadas para celebrar o ano Carvalho Calero.
Curso para Moodle sobre Carvalho Calero e o reintegracionismo elaborado polo profesor Manuel César Vila
Estrutura do curso e ligazón á descarga dos arquivos para Moodle
- Carvalho Calero e o reintegracionismo
- Regras básicas de leitura para galegas
- Teste sobre a biografía de Carvalho Calero
- Teste sobre a obra de Carvalho Calero
- A fortuna histórica do galego
- Actividades sobre A fortuna histórica do galego
- Os límites do galego
- Actividades sobre Os límites do galego
- Carvalho poeta, Carvalho musicado
- Proba. Día de folga. Aprendendo a través da música
Audiovisual
-Vieiros de esperanza. Ricardo Carvalho Calero. Documental realizado por Antón Rodríguez.
-Carvalho Calero, a posibilidade de rectificar a historia: vídeo coproducido pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega e A Nosa Terra. Guión de Francisco Rodríguez Sánchez e Xan Carballa
-Videopresentacións con poemas de Carvalho Calero elaboradas polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES Concepción Arenal
-Audiovisual Carvalho Calero. Letras galegas 2020 coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Arzúa
Proxecto educativo multidisciplinar
-As pitas baixo a choiva. Composto por un conto, varios temas musicais e unha unidade didáctica. Elaborado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e Edicións Embora.
Xogos de fuga para o alumnado
-O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero: elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novoa)
-Letras Galegas 2 020. Ricardo Carvalho Calero: elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra)
-Xogo Letras galegas 2 020: Carvalho Calero da profesora Patricia Sánchez Lamas.
Ligazón á fiestra de Patricia para saber un pouquiño máis
Proposta do Seminario Galán
As actividades do Seminario Galán: un clásico das propostas didácticas para o Día das Letras Galegas. Un ano máis documentos para imprimir, actividades en liña, álbum de fotos...
Música
- Cando xa non te ame, canción con letra de Carvalho Calero e música de José Carballido, coa colaboración na guitarra de Paco Cerdeira (Pakolas). Inclúe máis actividades sobre o poema.
-Tema musical sobre Carvalho Calero de Samuel Soto Macia.
-Versión musical do poema “Maria Silêncio” que gañou o certame Musicando, organizado por Agal e komunikando, Carvalho Calero (2010)
-Poemas musicados na voz do profesor e debuxante Xico Paradelo.
-Poema Deus, publicado na revista Nós, musicado por Carmén Penim, do dúo 2naFronteira, e que forma parte do proxecto Arredor de Nós.
-Poema Teño unha dor publicado na revista Nós, musicado polo dúo 2naFronteira.
O domingo, 17 de maio, levarán a cabo unha actuación musical en directo no seu Facebook e Instagram
Equipo da Biblioteca do IES de Poio
-O Preguntón sobre Ricardo Carvalho Calero. Do 1 ao 17 de maio unha pregunta diaria sobre a vida e obra de Carvalho Calero desde o seu Instragran ou Facebook.