Publicados os tribunais das oposicións

Sorteo realizado na mañá de hoxe

Notas do sorteo
  • Non se sortearon de forma ordinaria os seguintes tribunais por falta de profesorado:
    - 590109 Navegación e Instalacións Mariñas. Será profesorado universitario.
    - 590120 Procesos e produtos de confección. Será profesorado doutras especialidades e como asesor un recén xubilado.
    - Gaita. Será profesorado doutras especialidades.
    - Danza clásica e Danza contemporánea serán un só tribunal e con profesorado de fora da comunidade.
    - Deseño e Moda (artes plásticas). Será profesorado doutras especialidades.
    - Portugués. Profesorado con especialidade aínda que non imparta.
    - 591214 Operacións e equipamentos de alimentación. Profesorado con especialidade aínda que non imparta.
    - 521225 Servizos á comunidade. Non hai suplentes.
    - Clave. Hai un só funcionario o resto profesorado de piano.
  • Non vai haber tribunal específico para o exame de coñecemento de galego dada a cantidade de xente que hai para o exame, tirarán dos tribunais de galego necesarios.
  • Nos tribunais de educación infantil non se respecta a paridade de xénero, para evitar que sempre saíran os mesmos compañeiros.
  • Non se sortean as presidencias, que seguen sendo nomeadas a dedo, negándose a aceptar a proposta da CIG-Ensino de que entren tamén no sorteo.

  • Causas de exención dos tribunais

    A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro. Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 40/2015, do 1 de outubro, a aquelas persoas que a soliciten e actuaran como membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2016 ou seguintes, as que sexan directores ou directoras dun centro, as que teñan permiso sindical a tempo total ou aquelas persoas que estean a gozar dunha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2021 e que continúen durante o período no que lle correspondería actuar como membro do tribunal, as que estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, e as que estean en situación de incapacidade temporal regulamentariamente concedida. Agás nos supostos previstos na lei, non se concederá a suplencia cando non se poidan constituír os tribunais co número suficiente de persoal funcionario da especialidade correspondente.

    7.7. Abstención e recusación dos tribunais.

    Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se desen as circunstancias sinaladas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 8.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, e o artigo 59.2 da Lei 2/2015. de emprego público de Galicia, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de aspirantes aos procedementos selectivos para calquera corpo e especialidade, nos cinco anos anteriores a esta publicación.

     

    Así mesmo, o persoal aspirante poderá recusar os membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

    Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. 

    Sección 4.a Abstención e recusación

    Artigo 23. Abstención.

    1. As autoridades e o persoal ao servizo das administracións en que se dean algunhas das circunstancias sinaladas no número seguinte absteranse de intervir no procedemento e comunicarano ao seu superior inmediato, quen resolverá o procedente.

    2. Son motivos de abstención os seguintes:

    a) Ter interese persoal no asunto de que se trate ou noutro en cuxa resolución poida influír a daquel; ser administrador de sociedade ou entidade interesada, ou ter cuestión litixiosa pendente con algún interesado.

    b) Ter un vínculo matrimonial ou situación de feito asimilable e o parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo, con calquera dos interesados, cos administradores de entidades ou sociedades interesadas e tamén cos asesores, representantes legais ou mandatarios que interveñan no procedemento, así como compartir despacho profesional ou estar asociado con estes para o asesoramento, a representación ou o mandato.

    c) Ter amizade íntima ou inimizade manifesta con algunha das persoas mencionadas na alínea anterior.

    d) Ter intervido como perito ou como testemuña no procedemento de que se trate.

    e) Ter relación de servizo con persoa natural ou xurídica interesada directamente no asunto, ou terlle prestado nos dous últimos anos servizos profesionais de calquera tipo e en calquera circunstancia ou lugar.

    3. Os órganos xerarquicamente superiores a quen se encontre nalgunha das circunstancias sinaladas no punto anterior poderán ordenarlle que se absteña de toda intervención no expediente.

    4. A actuación de autoridades e persoal ao servizo das administracións públicas nos cales concorran motivos de abstención non implicará, necesariamente e en todo caso, a invalidez dos actos en que interviñesen.

    5. A non abstención nos casos en que concorra algunha desas circunstancias dará lugar á responsabilidade que proceda.

    Artigo 24. Recusación.

    1. Nos casos previstos no artigo anterior, os interesados poderán promover recusación en calquera momento da tramitación do procedemento.

    2. A recusación presentarase por medio dun escrito en que se expresará a causa ou causas en que se funda.

    3. No día seguinte o recusado manifestará ao seu inmediato superior se se dá ou non nel a causa alegada. No primeiro caso, se o superior aprecia a concorrencia da causa de recusación, acordará a súa substitución acto seguido.

    4. Se o recusado nega a causa de recusación, o superior resolverá no prazo de tres días, logo dos informes e comprobacións que considere oportunos.

    5. Contra as resolucións adoptadas nesta materia non caberá recurso, sen prexuízo da posibilidade de alegar a recusación ao interpor o recurso que proceda contra o acto que poña fin ao procedemento. 

 

Toda a información sobre as oposicións de mestres. Ligazón

Toda a información sobre as oposicións de secundaria. Ligazón

Volver