Que facer unha vez aprobaches as oposicións

Antes de nada celebralo e despois...

Se aprobas terás que solicitar praza para a realización da fase de prácticas o curso que vén en canto se fagan públicas as listas de persoas aprobadas. Só tes dous días hábiles.

Este curso só se pode facer a través da sede electrónica da Xunta.

Para isto precisarás un correo @edu.xunta.gal, se non a tes podes facelo automaticamente desde esta ligazón (solicitando primeiro o PIN), se tes calquera problema ou che da erro ponte en contacto coa Unidade de atención a centros (UAC): ligazón

Tamén precisas un certificado de seguridade ou a chave 365, pero xa o tes de cando te matriculaches, é un proceso similar.

Para solicitar a praza unha vez teñas os certificados e correos tes que entrar na seguinte ligazón e cubrir os centros, se precisas axuda estamos nos locais para axudarche, se es interina ou substituta xa ves que non é nada novo.

A solicitude terás que facela a través da aplicación CADP na web da Consellaría (https://www.edu.xunta.es/cadp/) e rexistrala na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/).

Agora xa está feito o que é urxente, así que a celebralo de verdade e esperar a que saias no DOG como aprobada.

Unha vez que saias no DOG, tes 20 días para presentar por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos os seguintes documentos:

A presentación debes facela na propia sede electrónica da Xunta e accedendo á procedemento aberto da oposición, seleccionando a acción "achega de documentación separada da solicitude"

Agora só che queda a toma de posesión,  faise no centro no que obteñas destino. A data da toma de posesión será o 1 de setembro no corpo de mestres e na data fixada para o inicio da impartición efectiva dasclases nos restantes corpos. Desde o centro remitirán a documentación á Xefatura Territorial correspondente.

E por último e xa canto teñas na man o nomeamento de funcionaria en prácticas tes que pasar pola sede provincial de MUFACE para causar alta como mutualista e elixir a entidade médica (SERGAS, entidade privada). Cada ano, no mes de xaneiro e xuño poderás cambiar de entidade. Non fai falla dicirche que desde a CIG animámoste a escoller o SERGAS.

Tes toda esta información e outra no CIG Informa que che repartimos o día da presentación das oposicións, CIG Informa que podes descargar desde esta ligazón

Ahh! e queda un paso non menos importante, afiliarte á CIG Ensino para sermos máis fortes.

Volver