
Que facer se aprobaches as oposicións
Información xeral sobre que facer unha vez que o tribunal publicou a lista de aprobadas e aprobados
Nos 3 días seguintes de ser publicada a lista de aprobadas e aprobados por cada tribunal.
O persoal aspirante que supere o procedemento selectivo deberá efectuar a solicitude, conforme o sistema previamente publicado no Diario Oficial de Galicia por resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo de tres días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos tribunais.
Nos 20 días seguintes á publicación da lista de aprobadas e aprobados no Diario Oficial de Galiza.
No prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte a aquel en que se fagan públicas as listas de aprobados no Diario Oficial de Galiza, os aspirantes aprobados deberán presentar perante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria os seguintes documentos:
a) Certificado médico acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia.
A persoa aspirante que xese valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá, se non o xo anteriormente, presentar certificación dos órganos competentes da Consellería Política Social que acredite tal condición, e tamén terá que presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria, acreditativo da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.
b) Declaración responsable de que non foron separados mediante expediente disciplinario do servizo do corpo a que se pretende ingresar en ningunha Administración pública e de non estar inhabilitados para o exercicio de funcións públicas, conforme o modelo que gura como anexo VII a esta convocatoria.
Igualmente, o persoal aspirante que non posúa a nacionalidade española deberá pre- sentar declaración responsable de non estar sometido a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o mesmo modelo do anexo VII.
c) Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais, agás no suposto de ter autorizado na instancia a consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
Outros trámites.
En setembro, unha vez publicadas as resolucións definitivas dos concursos terás que tomar posesión no centro de destino e unha vez recibida a carta na que che nomean funcionaria ou funcionario en prácticas terás que ir a Muface a darte de alta.