Publicado o DOG coa relación de persoal aprobado nas oposicións
Mañá, 24 de agosto comezan a contar os 20 días hábiles para a presentación de toda a documentación.
ORDE do 4 de agosto de 2021 pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso aos distintos corpos docentes: ligazón
⚠ Debedes presentar por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos a seguinte documentación:
✅ Certificado médico.
✅ Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais (só no caso de non ter autorizada a consulta na solicitude de participación nas oposicións).
Para as que queirades reclamar recordade que de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada potestativamente en reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.