
Publicado no BOE o real decreto polo que se establece a ordenación xeral da Formación Profesional do sistema educativo
Formación Profesional
Publicado no BOE o real decreto polo que se
establece a ordenación xeral da Formación Profesional do sistema
educativo
No
Boletín Oficial do Estado do día 3 de xaneiro ven de ser publicado o Real Decreto 1538/2006 de 15 de decembro polo que se establece a ordenación xeral
da FP no sistema educativo.
Esta
nova lexislación substitúe a toda a normativa vixente que fica derrogada: RD
777/1998 (en grande parte xa estaba derrogado ou incluído na lexislación que foi
saíndo); RD 942/2003 que determina as condicións básicas das probas para a
obtención dos títulos de Técnico e Técnico Superior de FP específica (xa se
estaban a convocar estas probas libres nos dous últimos cursos); e por último o
RD 642/2004 que establece a ordenación xeral da formación profesional específica
(este último é o que sacou o PP en desenvolvemento da LOCE e non se chegou nunca
a aplicar, en grande parte está contido neste novo RD).
As novidades máis salientábeis
con respecto á lexislación anterior son:
Ø
Non fala nada
da duración dos ciclos
(tampouco a lexislación anterior o facía). A CIG-ENSINO defendeu e seguirá a defender
a necesidade de establecer a duración dos ciclos en 2000 horas.
Ø
Só haberá
módulos específicos de linguas estranxeiras, de prevención de riscos
laborais e relativos á
tecnoloxía da información e comunicación nos ciclos formativos cun perfil
profesional que así o esixa.
Nos
demais ciclos esta formación incluirase de xeito transversal nos restantes
módulos.
A
formación relacionada coa orientación e relacións laborais e co desenvolvemento
do espírito emprendedor (creación e xestión de empresas e autoemprego)
incorporarase nun ou varios módulos específicos.
Ø
En
determinadas circunstancias poderá
cursarse o módulo de FCT antes de
ter aprobados todos os restantes módulos do ciclo. Os reais decretos que
establezan os títulos determinarán os módulos que, cando menos, deben terse
superado para acceder á FCT.
Ø
O módulo de proxecto realizarase durante
o último período do ciclo e avaliarase
unha vez realizada a FCT. A superación deste módulo é precisa para a
obtención do título.
Ø
No que se refire á avaliación, cada
módulo poderá ser obxecto de avaliación en 4 convocatorias agás o de FCT que só
o será en dúas. Contémplase unha extraordinaria no suposto de enfermidade ou
outros.
Ø
No acceso aos
ciclos mediante proba cambian as seguintes cousas:
·
A idade para
poder presentarse ás probas tal e como se recolle na LOE (17 anos cumpridos no
ano da proba para os CGM e 19 para os CGS que se reducen a 18 se ten un título
de Técnico relacionado co ciclo superior).
·
O curso de
preparación para a proba de acceso aos ciclos que se recolle na LOE (art. 41.5)
terase en conta para a cualificación das probas sumando á nota das probas o
resultado de multiplicar 0,15 pola cualificación do curso. A CIG-ENSINO continuará a defender que este curso só se imparta en
centros públicos.
Ø
En canto ás
Probas para a obtención dos títulos de Técnico e Técnico Superior recolleuse
expresamente, como demandou a CIG-ENSINO, que se realizarán en centros públicos.
As novidades
son:
·
Hai que ter
as titulación académicas de acceso (ESO, Bacharelato ou superadas as probas de
acceso a ciclos) para poder realizar a matrícula nestas probas. Na anterior
lexislación (RD 942/2003) esa
titulación só se requiría ao final se chegaban a aprobar todos os módulos do
ciclo e se solicitaba a expedición do Título.
·
Desaparecen
os requisitos, que se pedían na anterior lexislación, de demostrar experiencia
laboral ou ter superado algún módulo de ensinanzas profesionais previamente para
poder presentarse ás probas.
Ø
Nas
ensinanzas de FP para adultos poderá realizarse oferta modular en réxime
presencial ou a distancia. Para a obtención do título, despois de ter superados
todos os módulos incluídos no mesmo, será preciso acreditar os requisitos de
acceso
Ø
A norma que
regula cada título determinará os módulos que poden ser ofertados a distancia.
Para matricularse na FP a distancia hai que acreditar que se cumpren os
requisitos académicos de acceso. Terán o mesmo nº de convocatorias que no réxime
presencial.
Ø
Respecto das
convalidacións e exencións recoñece a convalidación automática dos módulos pola
acreditación de unidades de competencia do CNCP.
Ø
No
capítulo referido aos centros desapareceu, por demanda da CIG-ENSINO,
a referencia á existencia de centros privados concertados. Trátase de ensinanzas postobrigatorias nas
que non debe haber concertos (aínda que a LOE o
permite).
Ø
Mantéñense as
actuais ratios (30 alumnos máximo). A
CIG-ENSINO seguirá a defender a redución da ratio e que se contemple a
posibilidade de establecer desdobres.
Ø
Contémplase a
posibilidade de incluír nos decretos que regulen os títulos especializacións que
completen a competencia dos mesmos. Obteríanse unha vez superados os cursos
organizados ao efecto.