Publicadas no DOG do día 23 de abril as listaxes de solicitudes admitidas e excluídas para o cobro da paga de Antigüidade.

Ensino Concertado

Publícanse no D.O.G as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos nas solicitudes da paga de antigüidade contemplada no art. 61 do V Convenio Colectivo de Centros Mantidos Total ou Parcialmente con Fondos Públicos, logo das instruccións dadas para facelas públicas o pasado día 15 de abril. Queremos suliñar que o prazo de reclamación é de dez (10) días hábiles a partir da súa publicación no D.O.G. Tal e como informamos no encabezamento, observamos que está excluído desas listaxes todo persoal que cumpríu os 25 anos despois do 31 de decembro do 2008. Queremos suliñar que o prazo de reclamación é de dez (10) días hábiles a partir da súa publicación no D.O.G.
PUBLICADAS NO D.O.G. DE HOXE, DÍA 23 DE ABRIL. AS LISTAXES DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PARA O COBRO DA PAGA DE ANTIGÜIDADE
 
A Consellería de Educación e O.U. exclúe e non aboará dita paga a todo o persoal que cumprira os 25 anos con posterioridade ao 31 de decembro de 2008.
 
Hoxe, día 23 de abril, publícanse no D.O.G as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos nas solicitudes da paga de antigüidade contemplada no art. 61 do V Convenio Colectivo de Centros Mantidos Total ou Parcialmente con Fondos Públicos, logo das instruccións dadas para facelas públicas o pasado día 15 de abril.
Tal e como informamos no encabezamento, observamos que está excluído desas listaxes todo persoal que cumpríu os 25 anos despois do 31 de decembro do 2008.
 
Desde a CIG-Ensino temos que lamentar este feito e denunciar que é unha consecuencia máis dun mal acordo acadado no seu día, e que como tal nós non asinamos, entre a Administración Educativa, as Patronais do sector e o resto de organizacións sindicais. Xa daquelas manifestamos o noso desacordo, non só porque resulta moi fácil incluír nos convenos artigos que non comprometen ás partes asinantes, e sí a terceiras partes que os cumpren cos cartos de todos os contribuíntes, senón tamén, e por desgraza esta información acaba dándonos a razón, porque o acordo é máis restrictivo (ata nos prazos que marca) que o que se contempla no propio Convenio. Xa o están a recoñecer así algunha das organizacións asinantes, reclamando unha nova negociación.
 
Queremos pois insistir en que todo o persoal que reúna os requisitos contemplados no convenio para ter dereito ao cobro desta paga de antigüidade debe reclamala. Logo xa se poñerán dacordo entre as empresas e a Consellería sobre a quen lle coresponde aboala.
 
Neste senso, e sobre todo se alguén resulta afectado por esta exclusión, a CIG-Ensino pón a disposición de toda a afiliación ou persoal interesado a información sobre este tema e as listaxes, que se poderá consultar nos seus locais e na páxina web (www.cig-ensino.com) , así como tamén os seus servizos xurídicos para facer as reclamacións que sexan oportunas, logo de pasar pola nosa federación.
 

Queremos suliñar que o prazo de reclamación é de dez (10) días hábiles a partir da súa publicación no D.O.G.


Ligazón ás Listaxes:
 

Volver