Publicadas no BOE as Táboas Salariais para 2018 - 2019 e o Acordo de Rexistro da Xornada e Control Horario

Convenio Estatal de centros de Ensino Non Regrado

Publicado o 18 de setembro, tres meses despois da sinatura destes acordos na mesa negociadora (10/07/19).

Agora entran en vigor as táboas salariais 2018-2019, non asinadas pola CIG-Ensino por precarias, e o Acordo de Rexistro de Xornada e Control Horario, si asinado por atender e dar resposta as nosas reivindicacións.

As Táboas Salariais para 2018 - 2019 non foron asinadas pola CIG-Ensino por seguir afondando na precariedade salarial deste convenio, pois certifícase unha nova perda de poder adquisitivo para os traballadores/as, coa non recuperación do IPC perdido nos últimos anos e co aumento da perda de dito IPC presente e futuro (non se garante o IPC-real nun convenio do máis precario en salarios, dentro de todos os que hai no sector do ensino).

Ligazón ao BOE e ao CIG Informa.

O Acordo de Rexistro da Xornada e Control Horario si foi asinado pola CIG-Ensino, logo de ter en conta emendas nosas de mellora sobre o texto proposto e así dárselle cobertura e cumprimento , dentro dos límites que marca o convenio (que a CIG-Ensino non asinou no seu día), ao R.D 8/2019, do 8 de marzo. Este acordo serve de referencia ao marcar unhas pautas ou criterios básicos para logo desenvolvelos nos distintos centros de traballo do sector.

A continuación reproducimos a literalidade do mesmo neste Cig Informa e no BOE

 

Volver