
Publicadas as listaxes provisorias de persoal admitido e excluído no procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, APD e EOI
Detectáronse numerosos erros nas listaxes
O persoal interesado poderá formular as reclamacións oportunas dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería Consellería de Cultura, Educación e Universidades.
O prazo de reclamacións será o comprendido entre o 3 e 7 de maio.
Numerosos erros nas listaxes do acceso a cátedras
Debido ás numerosas chamadas ao sindicato por erros nas listaxes do procedemento de acceso a cátedras puxémonos en contacto coa administración, recoñecendo a mesma un número importante de erros.
A administración, comprometéndose a solucionalo, recomendan presentar reclamación, sen a necesidade de engadir a documentación de tela presentado no seu momento, desde a CIG Ensino recomendamos, aínda así, engadir a reclamación o xustificante de tela presentado en tempo e forma.