Publicadas as listaxes de persoal admitido e excluído no concurso excepcional
7.951 persoas presentan 11.322 instancias válidas!
Prazo de reclamación de luns 23 de xaneiro a venres día 3 de febreiro de 2023
Datos por especialidade das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas. Ligazón
PARTICIPANTES: No proceso selectivo hai moitas persoas que se presentan a varias especialidades. Segundo datos da Consellaría o número total de participantes únicos é de 7.951
Reclamacións aos listados (información da Consellaría).
As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de acordo co establecido no apartado segundo da base oitava da Orde do 19 de outubro de 2022.
Para realizar reclamacións á lista provisional de persoas admitidas e excluídas deberá proceder do seguinte xeito:
1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
2.- Autenticarse co seu usuario e contrasinal
3.- Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do procedemento selectivo (código de procedemento ED001B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”.
IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS DE DISTINTOS PROCEDEMENTOS, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER O TRÁMITE DE ALEGACIÓN NA SOLICITUDE CORRESPONDENTE Á CONVOCATORIA DO 19 DE OUTUBRO DE 2022 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED001B).
4.- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”
A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegación asinado como o recibo de presentación desta.
No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.