Publicada no DOG a convocatoria de acceso a cátedras de música e artes escénicas

O prazo para presentar instancias será de 15 días hábiles a contar desde mañá 17 de abril, polo que o último día para presentalas será o 8 de maio

As solicitudes deberán cubrirse pola Internet a través da páxina web de oposicións da Consellaría

Se unha persoa quere participar por máis dunha especialidade terá que cubrir unha instancia por cada especialidade. Unha vez cuberta a instancia debe imprimirse e entregala por rexistro, preferentemente na Xunta ou nas súas xefaturas territoriais.

Toda a información sobre este proceso na seguinte ligazón

Cambios nas prazas ofertadas.

Tal e como fomos informando nas asembleas destas últimas semanas nos diferentes CMUS profesionais e superiores, a Consellaría tomou a decisión de modificar as prazas que se ofertarán, unha vez que a CIG-Ensino evidenciou na Mesa Sectorial a descompensación dalgunhas especialidades. Confirmouse a retirada das prazas de Dirección de Orquestra e Gaita así como unha praza de Fagot e Saxofón. Isto implica o incremento de cadansúa praza en Composición, Piano, Guitarra e Canto. A CIG-Ensino, como xa se informou, trasladoulle á Consellaría que, malia ser positivo que se fixeran cambios, nalgunhas especialidades segue a estar moi desequilibrada a oferta de prazas cos postos actualmente existentes nos dous CMUS, especialmente en Composición e Piano. 

Esta é oferta definitiva de prazas.

Código/especialidade

Reserva persoas

con discapacidade

Acceso xeral

Total

1

Acordeón

 

1

1

6

Canto

1

4

5

8

Clarinete

1

4

5

10

Composición

1

8

9

14

Contrabaixo

 

2

2

30

Fagot

 

1

1

32

Frauta Travesa

 

4

4

33

Etnomusicoloxía

 

1

1

35

Guitarra

1

4

5

39

Historia da Música

 

4

4

61

Improvisación e Acompañamento

1

5

6

50

Música de Cámara

 

2

2

51

Musicoloxía

 

1

1

52

Óboe

 

2

2

57

Pedagoxía

 

2

2

58

Percusión

 

4

4

59

Piano

1

10

11

98

Repertorio con Piano para Instrumentos

1

9

10

63

Repertorio con Piano para Voz

 

4

4

66

Saxofón

 

3

3

72

Trombón

 

3

3

74

Trompa

 

2

2

75

Trompeta

 

4

4

76

Tuba

 

2

2

77

Viola

 

2

2

78

Violín

1

5

6

79

Violoncello

 

4

4

Total

8

97

105

Baremo.

Máis alá da propia información da Mesa Sectorial e como xa se informou, a CIG-Ensino remitiulle posteriormente á Consellaría un escrito, trasladando determinadas cuestións que, ao noso entender, non estaban o suficientemente claras na convocatoria así como outras demandas que fomos recollendo nas diferentes asembleas nos CMUS.

Confírmase agora no texto da convocatoria o que anunciaramos logo da reunión mantida co Subdirector, no sentido de que o requisito alegado para a xustificación da tutela investigadora (doutoramento, mestrado, DEA ou tempo de docencia e TFE en CMUS superior) será tido en conta como mérito e, por tanto, será puntuábel. Isto tradúcese na eliminación no texto publicado no DOG do penúltimo parágrafo da Base 4ª do texto do borrador: 

A documentación que as persoas aspirantes presenten como acreditación da formación e capacidade de tutela en investigacións propias das ensinanzas artísticas do presente apartado non será tida en conta para a valoración dos méritos que se establecen no anexo I da presente orde.

Hai tamén algunha outra modificación, como é o feito de que se puntuarán as coordinación de seccións bilingües, Grao Elemental ou das TIC. 

Tamén se modifica o apartado 3.1.d. diferenciando os premios de honra  nas ensinanzas artísticas superiores das mencións honoríficas, que seguen a puntuar no apartado 3.1.e. 

Ao respecto da acreditación do dominio dunha lingua estranxeira recóllese a diferenciación entre os diferentes niveis C2, C1 e B2.

No apartados do baremo (concertos) no que se esixe unha vida laboral tamén haberá que engadir unha certificación da entidade organizadora do concerto, aclarando que nos supostos en que a entidade organizadora desaparecese, a realización do concerto poderá xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

Cítanse, finalmente, as formacións de dúo ou trío no apartado 3.2.j (concertos)  e 3.2.q (gravacións) como  músicos de cámara. 

 

Volver