Proxecto de Real Decreto que modifica o Real decreto de Acceso á Función Pública Docente

Non modifica o borrador coñecido na mesa sectorial do estado e confirma que todo foi unha falsa negociación tal como xa denunciamos nas sucesivas Mesas Sectoriais do Estado.

Acaban de remitirnos desde o Consejo Escolar do Estado (CEE) o borrador do RD de acceso e ingreso no que non hai ningunha novidade ao respecto do que xa entregaron na Mesa Sectorial do Estado.

Finalmente confirmouse o que desde a CIG-Ensino viñemos denunciando desde a primeira reunión da actual fase de negociación do acceso á función pública docente para os próximos anos e tal e como podedes ler na redacción do texto de modificación do RD 276/2007 entregada para o seu debate na Comisión Permanente do CEE do día 9 de xaneiro non se recolle modificación algunha ao texto xa presentado.

Todo o proceso foi unha falsa negociación, marcada polo acordo asinado polas organizacións sindicais estatais, e que só dou lugar a pequenas concesións (aumento de temas a elixir, maior ponderación da fase de concurso e, dentro desta, da experiencia docente) que, como xa dixemos, non serve para nada se non existen garantías de que realmente se aplique un concurso oposición e non unha oposición, como vén acontecendo nestes últimos anos con carácter absolutamente maioritario.

Cadro resumo do sistema de acceso.

 

Volver