Publicado o protoco COVID para as oposición do ensino

Non recolle moitas das achegas feitas pola CIG-Ensino na mesa sectorial

Segue mantendo, por exemplo, a referencia expresa a que o persoal aspirante teña que asumir os riscos sanitarios inherentes a realización da proba.

Na publicación feita pola Consellaría no día de onte do protocolo de adaptación á situación provocada pola pandemia para a celebración das oposicións recolle algunha das achegas que desde a CIG-Ensino se fixeron o pasado xoves na mesa sectorial:

  • A distancia de seguridade será sempre de 1,5 metros, independentemente de se o centro no que se realice a proba sexa un centro educativo de secundaria, primaria ou noutras instalacións.
  • Limítase a un máximo de 3 o número de persoas que poderán asistir ás lecturas ou defensas públicas, nós falabamos de 5.
  • Aclaran que se poderá dispoñer dunha botella de auga para a realización das probas.
  • O tribunal poderá solicitar que os aspirantes retiren a máscara para facilitar a súa identificación.
  • Indícase expresamente a esixencia do uso de pantalla para as persoas que estean exceptuadas de usar a máscara.
  • Non se permitirá a ningunha opositora abandonar a aula até pasados os 20 minutos desde o comezo da proba, no borrador eran 30.

Pola contra non se tiveron en conta outras das nosas propostas que consideramos importante que figuraran no texto, como por exemplo indicar expresamente que o acompañante dunha opositora lactante poida acceder ao recinto e quedar coa crianza dentro del, establecer o prazo para que os tribunais informen con carácter previo ao inicio das probas ou a falta de referencia aos aerosois como principal vía de contaxio.

Volver