Propostas de negociación coa Consellaría de Educación para o presente curso

Mesa sectorial

Co obxecto de elaborar e fixar un calendario de temas a negociar durante o presente curso na Mesa Sectorial, a CIG-ENSINO solicita a convocatoria urxente de Mesa Sectorial Docente non Universitaria. Achegamos as nosas propostas, moitas das cales xa foron presentadas o curso pasado. A negociación dalgunhas delas xa está comprometida, pero a súa iniciación estase adiando. Hai temas que teñen que ser abordados de inmediato, neste trimestre, porque están condicionados polos orzamentos do 2008. En consecuencia, demandamos de inmediato a convocatoria da Mesa Sectorial.

TEMAS PROPOSTOS POLA CIG-ENSINO PARA A SÚA NEGOCIACIÓN

 

PRIMEIRO TRIMESTRE:


          Constitución da Mesa Sectorial Docente non Universitaria segundo os resultados das últimas eleccións sindicais.
          Inicio de curso: problemática na adxudicación de destinos. Incumprimento do acordo do 8 de xuño sobre catálogos e xornada do profesorado, etc.
          Ampliación dos servizos de persoal dos servizos centrais da Consellaría para mellorar a xestión, atención e información do profesorado.
          Negociación duns novos criterios para que os centros se poidan acoller á xornada única.
          Redución das rateos en Infantil, Primaria e ESO.
          Redución do horario para o profesorado maior de 55 anos.
          Negociación dos regulamentos orgánicos dos centros que abranga todas as tipoloxías do centros de ensino público non Universitario.
          Dotación de administrativos/as a todos os centros de Infantil e Primaria.
          Negociación do acceso a cátedras.
          Acordo de estabilidade dos interinos e interinas.
          Negociación do acordo para regular as condicións do traballo dos/das itinerantes.  
          Adaptación da Lei da Función Pública ao ensino:
-          Incremento do permiso de lactación.
-          Elaboración das instrucións necesarias para que as direccións dos centros teñan propostas claras para a concesión dos permisos que dependan destas.
-          Reformar a aplicación informática XADE.
          Todos os temas relacionados coas retribucións, o complemento de especial dedicación ao centro, posibilitar o cobro dos sexenios aos/ás funcionarios/as en prácticas con servizos na administración educativa.
 

OUTROS TEMAS PARA NEGOCIAR DURANTE O CURSO:

         Negociación do Estatuto Galego do profesorado.
         Lei de Ordenación do Sistema Educativo Galego.
         Plano de actuación con medidas concretas para a convivencia escolar.
         Catálogos de postos de traballo dos centros de Ensino Secundario.
         Nova rede de FP e situación do profesorado afectado.
         Retribucións:
          Negociación na Mesa Sectorial do “complemento de especial dedicación ao centro” co obxecto de que todo o profesorado o poida percibir para este curso.
          Posibilitar o cobro dos sexenios aos/ás funcionarios/as en prácticas con servizos de interinos, aínda que as 100 horas de formación non coincidan exactamente cada 6 anos.
          Pagamento dos sexenios aos interinos/interinas.
          Complemento específico para o profesorado que imparte aulas nos centros nos que os/as docentes laborais teñen complemento de perigosidade ou penosidade.
          Extensión do complemento específico de EPA a todo o profesorado que imparta esta modalidade.
          Recuperación da perda de poder adquisitivo.
          Cláusula de revisión salarial.
          Nivel 24 para o profesorado do corpo de mestres.
          Homologación salarial cos respectivos corpos docentes de todo o persoal docente transferido dos centros docentes do ISM incluído os sexenios.
          Arbitrar as medidas necesarias para que o profesorado laboral que se converta en funcionario/a perciba os sexenios segundo os anos de servizo.
 Acceso á función docente e á estabilidade:
          Restabelecemento das negociacións para acadar un acordo de estabilidade do profesorado interino e substituto.
          Modificación das titulacións equivalentes a efectos de docencia para que o Profesorado, tanto PES como Técnico de FP, que non ten a titulación adecuada, poida presentarse ás oposicións.
          Mellora das condicións de traballo do profesorado interino (sexenios, axuda para adquisición de vivenda do Fondo de Acción Social, dereito á formación, etc.)
          Negociación da oferta de emprego para o ano 2008, composición e actuación dos tribunais, garantía dos opositores, etc.
          Mellora da xestión das listas e dos nomeamentos do profesorado interino e substituto.
          Reclamacións das oposicións.
          Problemática de comezo de curso:
-           Adxudicación irregular de destinos.
-          Falta de profesorado.
-          Profesorado suprimido e desprazado.
-          Comisións de servizo, etc. 
-          Rectificación e mellora nas adxudicacións, perfil e oferta de vacantes para o profesorado en expectativa, en prácticas e interino.
-           Negociación dos novos baremos, cando sexa necesario, na apertura de novas listas.
 
Xubilación anticipada:
          Mellorar as condicións da xubilación anticipada para facilitar que máis profesorado se acolla a esta modalidade de xubilación.
          Negociación dun acordo que comporte que a gratificación que se perciba ao xubilarse anticipadamente sexa equivalente ás retribucións que se percibirían de seguir en activo até os 65 anos.
Negociación do calendario escolar
          Restabelecemento da xornada reducida durante os meses de xuño e setembro.
Redución das rateos
          Redución de alumnos/as por aula, computando os/as repetidores/as: máximo de 15 alumnos/as para Educación Infantil e 20 para Primaria e ESO.
          Contemplación dos/das repetidores/as para fixar os grupos.
          Redución das rateos nas aulas que escolaricen alumnado con necesidades educativas especiais, repetidores, etc.
Incrementación dos cadros de persoal:
          Dotación doutros perfís profesionais.
          Educadores/as sociais nos centros que sexan necesarios.
          Ampliación da redución do horario lectivo para titoría, atención á biblioteca escolar, coordinador/ora do Equipo de Normalización Lingüística, etc.
          Negociación dos cadros de persoal nos centros de Secundaria.
          Desdobre en diferentes materias.
Negociación nos cadros de persoal nos centros de Secundaria.
Saúde laboral e enfermidades profesionais do profesorado.
          Revisión anual de saúde a todos os/as docentes.
          Desenvolvemento da Lei de Prevención de Riscos Laborais. Delegados de prevención (formación, crédito horario, etc.). Problemática do profesorado con enfermidades psíquicas. Catalogación das enfermidades profesionais.
          Planos de emerxencia de todos os centros. Avaliación de riscos laborais, etc.
Responsabilidade civil e patrimonial da Administración. Campaña
informativa dirixida ao profesorado e aos centros. Procedemento de oficio. Mellora da asistencia letrada, etc.
Formación do profesorado:
          Mellora no funcionamento das condicións de baremación aos méritos nas diferentes comisións. Plano de formación para o conxunto do profesorado, cursos de especialización con liberación horaria, licenzas por estudos, formación dentro do horario lectivo, convocatoria de cursos de especialización con liberación horaria para o profesorado do corpo de mestres.
          Facilitar a adquisición doutras especialidades ao profesorado que non ten a titulación requirida para presentarse á oposición.
 

OUTRAS MELLORAS NAS CONDICIÓNS DE TRABALLO

Medidas contra a precarización das condicións de traballo: impartición e regulación das afíns, regular a compartición de centros, etc.
         Previsión de normativa sobre as permutas provisionais.
         Situación do profesorado dos centros penais. Negociación do cadro de persoal destes centros.
         Negociación do procedemento para cubrir as vacantes nos Conservatorios Superiores de Música.
         Expedición do carné de profesor/ora a todos os docentes.
         Convocatoria concurso de traslados.
         Problemática e busca de solucións do profesorado de procesos comerciais e administración de empresas.
         Negociación de medidas para avanzar na conciliación da vida laboral e familiar. Ampliación dos dereitos por maternidade e de protección do período de xestación.
 

OUTRAS CUESTIÓNS PARA NEGOCIAR

         Negociación dun novo regulamentos orgánico que abrangue a todos os centros:
          Ensinanzas de réxime especial: Regulamentos orgánicos dos
Conservatorios profesionais e superiores de Música, Escolas Oficiais de Idiomas, Ensinanzas Artísticas, Escola Superior de Arte Dramática. Problemática para as oposicións de Música nos Conservatorios.
          Centros de características singulares que están sen regulamentar nos ROCs (Centros Residenciais Docentes, centros
 
          penais, Escola de Restauración, etc.). Utilización social futura dos CRDs.
          Centros de Educación Especial.
          Centros integrados de Formación Profesional.
          Novos regulamentos orgánicos de Educación Secundaria, Educación Infantil e Primaria e dos Centros Públicos Integrados e das respectivas Ordes que os desenvolven.
         Escola rural: Condicións dos centros, especialidades, rateos, itinerancias, condicións laborais do profesorado. Reestruturación dos CRAs: dotación de persoal docente e non docente e servizos suficientes, mantemento das escolas unitarias, etc.
         Formación Profesional:
          Negociación do Mapa escolar de F. Profesional, desdobramentos nos módulos profesionais, incremento da oferta de ciclos e regulamentación do funcionamento dos Centros Integrados de FP. Plano de formación do profesorado de Formación Profesional. Oferta modular (FPO-FPC) nos centros de Formación Profesional Regrada. Regulamentación da oferta de Formación Ocupacional e Continua nos centros públicos que non supoña a impartición de horas extras. Modificación da normativa que posibilite incrementar a oferta grupos/ciclo/centro, cando exista demanda do alumnado, etc.
          Problemática do profesorado da familia Agraria, de Construción Civil, Administración, FOL, Comercio e Marketing, etc., co obxecto de facilitarlle un destino definitivo.
         Conservatorios Superiores de Música: negociación do sistema de cobertura de prazas.
 
 

MELLORA NA CALIDADE DO ENSINO:

         Normalización lingüística: Medidas tendentes a aplicar na súa total amplitude. O Real Decreto 124/2007. Maiores orzamentos e dotación de medios para os Equipos de Normalización. Redución horaria aos membros dos Equipos de Normalización. Determinación de prazas con perfil lingüístico, competencia lingüística na nosa lingua para acceder á función pública en concordancia coa Lei de Función Pública galega. Plano de formación para o conxunto do profesorado, en aspectos sociolingüísticos, nomeadamente para os membros dos Equipos de Normalización. Dotación de material en lingua galega. Creación dunha Dirección Xeral ou Subdirección xeral de normalización na Consellaría de Educación.
         Transporte escolar:
Nova regulamentación do transporte escolar. Fixación dos horarios dos centros docentes sen estaren condicionados polo transporte escolar. Regulamentar a dotación de persoal específico para coidar o alumnado nas esperas do transporte escolar. 
         Dotación de laboratorios de idiomas en todos os centros.
         Elaboración de medidas tendentes á protección e implantación do portugués como optativa nos centros.
         Dotación de servizos complementarios: Transporte escolar para as actividades extraescolares e transporte para o ensino infantil e postobrigatorio. Estabelecemento de bolsas de transporte para que o alumnado poida cursar ciclos que non se ofertan na súa zona educativa. Dotación de comedores escolares en todos os centros.
         Dotación aos centros escolares de: coidadores/as, intérpretes de linguaxe de signos, educadores/as e asistentes/as sociais.
         Dotación e extensión das bibliotecas escolares.
 
 
         Orientación escolar: Dotación de orientador/ora en todos os centros. Ampliación dos Equipos Específicos de Orientación e dos/as orientadores/as naqueles centros de máis de 12 unidades, etc.
         Atención á diversidade: redución horaria por titorías, Programas de Iniciación á Cualificación Profesional, desdobres, etc.
         Escolarización do alumnado con necesidades educativas especiais. Profesorado de apoio.
         Educación compensatoria: Integración escolar do alumnado social e culturalmente desfavorecido, etc.
         Escolarización do alumnado inmigrante e culturalmente diverso. Negociación dunha nova Orde que contemple os recursos, medios, redución das rateos, etc.
         Plano de actuación contra o fracaso escolar con medidas concretas, entre as cales están: atención personalizada, desdobres, redución de alumnos/as por aula, etc.
         Plano de extensión da aplicación das TIC nos centros educativos.
         Plano de actuación para arranxar e dotar os centros escolares.
 
 
Santiago, 10 de outubro de 2007

Volver