 
            
          Propostas da CIG-Ensino para a negociación coa Consellaría neste treito final do curso
Mesa Sectorial
Propostas de temas de negociación
A CIG-Ensino xa lle entregou á Conselleira de Educación unha 
serie de propostas de temas para negociar ao principio deste curso escolar co 
obxecto de seren tratadas na Mesa Sectorial. A negociación de moitos deles terá 
que ser trasladada para o curso que vén, unha vez que xa estamos na recta final 
do remate de curso.
Despois da nosa insistencia e das campañas realizadas, a Consellaría comprometeuse a presentar un calendario de temas para negociar antes de rematar o curso. Asumiu, en distintas mesas, que, entre outros, se negociasen as condicións de traballo dos itinerantes, uns novos criterios para mellorar os cadros de persoal dos Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIPs) e a negociación do horario lectivo e laboral dos mestres. 
A CIG-Ensino, á parte dos temas que xa ten comprometidos coa Consellaría, proporá que, neste trimestre, antes do 15 de xuño, se negocien tamén novos criterios para impedir as dificultades existentes para que os centros se acollan á xornada lectiva continuada, negociación dos criterios para poder aplicar a redución horaria aos maiores de 55 anos, dotación de administrativos/as en todos os centros de infantil e primaria, redución das ratios máximas, dotación e extensión das bibliotecas escolares, conciliación da vida laboral e familiar (modificación da Orde do 28 de xuño de 2006, permiso de paternidade, etc.), oferta de F.P. para o vindeiro curso, pagas extras completas, etc.
Proposta da CIG-Ensino para negociar no último 
trimestre do curso 2006-2007
2. Redución lectiva e laboral do profesorado de Infantil e Primaria para igualalo co profesorado de secundaria, 18 horas lectivas, como máximo.
3. Novos criterios para mellorar os cadros de persoal dos centros EEI, CRA, CEP, CEIP, CEE e CPI.
4. Nova regulamentación que facilita que os centros se poidan acoller á xornada continuada durante todo o ano.
5. Redución horaria para os maiores de 55 anos, sen perda remunerativa.
6. Dotación de Administrativos/as nos centros de Educación Infantil e Primaria.
7. Mellora das condición de traballo do profesorado itinerante.
8. Redución do número de alumnos/as por aula.
9. Dotación e extensión das bibliotecas escolares.
10. Conciliación da vida familiar e laboral.
11. Oferta de formación do profesorado para o vindeiro curso.
12. 
 Pagas extras 
completas
INTRODUCIÓN
A CIG-Ensino xa lle entregou á 
Conselleira de Educación unha serie de propostas de temas para negociar ao 
principio deste curso escolar co obxecto de tratar na Mesa Sectorial. A 
negociación de moitos deles terá que ser trasladada para o curso que vén, unha 
vez que xa estamos na recta final do remate de curso.
Despois da nosa insistencia e das 
campañas realizadas, a Consellaría comprometeuse a presentar un calendario de 
temas para negociar antes de rematar o curso. Asumiu, en distintas mesas, que, 
entre outros, se negociasen as condición de traballo dos itinerantes, uns novos 
criterios para mellorar os cadros de persoal dos Centros de Educación Infantil e 
Primaria (CEIPs) e a negociación do horario lectivo e laboral dos mestres. 
A CIG-Ensino, á parte dos temas 
que xa ten comprometidos coa Consellaría, proporá que, neste trimestre, antes do 
15 de xuño, se negocien tamén novos criterios para impedir as dificultades 
existentes para que os centros se acollan á xornada lectiva continuada, 
negociación dos criterios para poder aplicar a redución horaria aos maiores de 
55 anos, dotación de administrativos/as en todos os centros de infantil e 
primaria, redución das ratios máximas, dotación e extensión das bibliotecas 
escolares, conciliación da vida laboral e familiar, oferta de F.P. para o 
vindeiro curso, pagas extras completas, etc.  
CALENDARIO 
ESCOLAR
Restabelecemento da xornada 
continua reducida de 4 horas nos meses de xuño e setembro. 
Despois da folga masiva e da 
mobilización do día 3 de maio no ensino público e, tamén, a realizada no ensino 
privado concertado en contra da supresión da xornada continua reducida durante 
os meses de xuño e setembro, á Conselleira no lle queda máis remedio que 
rectificar, restabelecendo o tipo de xornada que na actualidade está en 
vixencia, do contrario estarían ante un comportamento totalmente autoritaria e 
de desprezo á vontade da maioría do profesorado.
HORARIO LECTIVO DO PROFESORADO DE 
INFANTIL E PRIMARIA
Ø     
18 
períodos lectivos, como máximo, de docencia para todo o profesorado de Infantil 
e Primaria, igual que o profesorado de Educación 
Secundaria.
Co obxecto de reducir o horario 
lectivo e laboral do profesorado e estabelecer un horario semellante ao 
profesorado de secundario, propomos como horario semanal individual do 
profesorado o seguinte:
§        
Períodos lectivos: 18 períodos 
lectivos como máximo.
-         
Horas complementarias 
fixas:
o       
1 hora de coordinación 
pedagóxica.
o       
1 hora de titoría de atención a 
pais e nais.
o       
1 hora, como mínimo, de 
dedicación á coordinación do ciclo.
o       
De cero a 2 períodos de 
garda.
§   
  As restantes horas de dedicación ao 
centro serán computábeis  mensualmente.
A permanencia mínima do 
profesorado, computada no seu horario semanal, non poderá ser menos de 3 horas 
diarias de luns a venres. O número de períodos lectivos diarios impartidos polo 
profesor estará comprendido entre un mínimo de 
Ø     
Estabeleceranse, entre outras, as 
seguintes reducións horarias mínimas sobre o horario lectivo (partindo sempre 
das 18 horas lectivas):
§        
O/A coordinador/a do Equipo de 
Normalización Lingüística (en centros de menos de 6 unidades, 2 períodos 
lectivos; centros de 
§        
 O/A coordinador/a de ciclo (en centros de 
menos de 6 unidades, 2 períodos lectivos; en centros de 
§        
O/A Xefe/a do Departamento de 
actividades complementarias e extraescolares (en centros de menos de 6 unidades, 
1 período lectivo; en centros de 
§        
O/A coordinador/a de formación do 
centro (en centros de menos de 6 unidades, 2 períodos lectivos; en centros de 
§        
Ampliación da redución do horario 
lectivo para a titoría,  os/as 
membros dos equipos directivos e o/a responsábel de novas tecnoloxías. 
§        
O/A responsábel da biblioteca (en 
centros de menos de 6 unidades, 2 períodos lectivos; centros de 
NOVOS CADROS DE 
PERSOAL:
Negociación 
dos criterios para elaborar uns novos cadros de persoal dos CEI, CEP, CRA e CPI, 
que contemplen, entre outras, as seguintes propostas:
§        
Todos 
os centros terán catalogados tantos postos de  Educación Infantil e Primaria como sexan 
necesarios.
§        
Elaboración 
duns novos cadros de persoal partindo de 18 horas lectivas, como máximo, para 
todo o profesorado de Educación Infantil e Primaria.
§        
Contemplación 
dos/das repetidores/as para fixar os grupos.
§        
A 
Consellaría garantirá que os docentes responsábeis da biblioteca teñan a 
redución horaria lectiva suficiente para desenvolver o seu traballo, atención á 
biblioteca escolar, coordinador/ora do Equipo de Normalización 
Lingüística.
§        
Catalogaranse 
postos de Orientador/a en todos os centros de EI e/ou EP de máis de 6 unidades. 
Cada 12 unidades máis, catalogarase un posto máis de Psicoloxía/Pedagoxía 
(Orientador/ora)
§        
Servizo 
de orientación comarcalizado para aqueles centros de menos de 6 
unidades.
§        
Catalogarase 
un posto de apoio para a atención ás necesidades educativas especiais por cada 6 
unidades de Infantil e/ou Primaria, do seguinte xeito: até 6 unidades, 1 posto 
de PT; 12 unidades, 1 posto de PT e 1 de AL; 18 unidades, 2 postos de PT, 1 de 
AL e así sucesivamente.
§        
Todos 
os centros terán especialistas, independentemente do número de unidades do 
centro.
§        
Ampliación 
dos Equipos Específicos de Orientación.
§        
Deseñaranse 
propostas e catálogos específicos para zonas ou colexios de actuación preferente 
e con necesidades específicas.
CENTROS DE INFANTIL E 
INFANTIL/PRIMARIA DE MENOS DE 3 UNIDADES
Urxe elaborar un plano específico 
que supoña unha nova ordenación do ensino no medio rural, fundamentalmente nos 
centros de menos de 3 unidades, e que leve a garantir un servizo de calidade e 
unhas condicións de traballo para o profesorado semellante ás do resto dos 
centros, que garanta a escolarización no seu contorno e cos mesmos parámetros de 
calidade que nos centros completos.
MELLORA DAS 
RATIOS:
Ø     
Redución 
das ratios máximas en todos os niveis educativos: o número de alumnos/as por 
aula:
§        
Máximo 
de 15 alumnos/as en Infantil, reducindo a 12 se escolarizan alumnos/as de 
diferentes idades. Como criterio xeral non se escolarizarán nunha mesma aula 
nenos/as de diferente niveis educativos. 
§        
Máximo 
de 20 alumnos/as en Primaria. 
§        
Redución 
das ratios nas unidades que escolaricen nenos/as con necesidades educativas 
especiais. A ratio será, como máximo, de 15 alumnos/as en Primaria e 12 en 
Infantil.
§        
Desdobramentos 
dos grupos que superen 15 alumnos/as na área de Lingua 
estranxeira.
§        
Mentres 
non se xeneralice a redución de ratios nas escolas unitarias non poderá haber 
un/unha único/a docente se os/as alumnos/as escolarizados/as son máis de 
12.
XORNADA ÚNICA
Ø     
Nova regulamentación que facilite 
aos centros de xornada única partida acollerse á xornada continuada durante todo 
o ano.
§        
Negociación dunha nova 
regulamentación para facilitar que os centros se poidan acoller á xornada 
continuada e que non estea condicionada polo transporte escolar. No referente á 
participación dos pais/nais, como máximo, debe solicitarse a participación do 
50% do censo e para ser aprobada necesitaríanse os dous terzos dos votos 
emitidos. A Consellaría garantirá actividades extraescolares nestes 
centros.
REDUCIÓN HORARIA PARA OS/AS MAIORES DE 55 
ANOS
Negociación 
da redución horaria voluntaria para todo o profesorado sen perda remunerativa 
que teña 55 anos, desde un mínimo dun terzo até un máximo da metade do seu 
horario lectivo.
DOTACIÓN DE PERSOAL ADMINISTRATIVO A 
TODOS OS CENTROS DE INFANTIL E 
PRIMARIA
Cómpre 
dotar urxentemente de administrativos/as todos os centros de Infantil e 
Primaria.
DOTACIÓN E EXTENSIÓN DAS BIBLIOTECAS 
ESCOLARES
§        
Fixación 
do marco lexislativo que defina o lugar da biblioteca no marco educativo 
integrándoa na estrutura organizativa do centro. Este marco lexislativo deberá 
contemplar tamén políticas específicas que apoien o seu desenvolvemento. 
§  
A 
Administración educativa garantirá que o/a docente responsábel da biblioteca 
teña, para desenvolver as súas funcións, a redución suficiente do seu horario 
lectivo e complementario. 
§  
As 
bibliotecas deberán contar cun fondo documental adecuado e actualizado, así como 
con instalacións e equipamentos apropiados ás súas 
funcións.
CONCILIACIÓN 
DA VIDA LABORAL E FAMILIAR
OFERTA 
DE F.P. PARA O VINDEIRO CURSO
PAGAS 
EXTRA COMPLETAS
MELLORAS 
DAS CONDICIÓNS LABORAIS PARA O PROFESORADO QUE IMPARTE DOCENCIA EN MAÍS DUN 
CENTRO
A 
CIG-Ensino non considera desexábel a existencia do perfil de profesorado 
itinerante, pois significa a existencia dunhas peores condicións de traballo 
para o profesorado que está nesta situación. Mais, considerando que é difícil 
garantir os mesmos servizos e ensinanzas nas escolas do rural se non se cobren 
certos postos de forma itinerante, entende que cómpre regular esta situación 
procurando unha mellora deste tipo de postos. A súa cobertura debe ser 
voluntaria e evitarase que, agás nas escolas unitarias e centros incompletos, se 
comparta máis dun centro.
 
PROPOSTAS 
XERAIS:
§        
Cómpre 
considerar medidas especiais de protección á maternidade e de prevención de 
riscos laborais. 
§        
A 
Administración Educativa comprometerase á revisión dos postos itinerantes e á 
súa redución, procedendo á ampliación dos catálogos dos centros para evitar os 
desprazamentos. 
§        
Os 
postos itinerantes serán voluntarios, polo que non poderán ser adxudicados 
forzosamente nas adxudicacións provisionais, nin no concurso de traslados. 
§        
A 
configuración dos horarios farase partindo, como máximo, de 18 períodos lectivos 
semanais. O tempo de desprazamento entre o centro base e os centros, tanto para 
a impartición de aulas como para a asistencia a reunións de órganos de 
coordinación ou goberno, débese considerar como de docencia e o cómputo por 
desprazamento nunca será inferior a media hora por desprazamento entre centro e 
centro. 
§        
A 
distancia entre o centro ou localidade de destino e os centros aos que se ten 
que desprazar o profesorado, non será superior a 20 quilómetros nin terá unha 
duración superior a 25 minutos, agás casos excepcionais. 
§        
O 
profesorado terá dereito a percibir quilometraxe polos desprazamentos 
realizados, tanto para impartir clase como para asistir a reunións de 
coordinación, de acordo coas tarifas vixentes para axudas de custo (“dietas”) 
aprobadas pola Xunta de Galiza. 
§        
Estabeleceranse 
indemnizacións económicas para os vehículos, créditos brandos para a súa 
adquisición e crearase un fondo para sinistros e un seguro de vida e accidentes 
para accidentes durante os desprazamentos.
CONDICIÓNS 
ESPECÍFICAS PARA O PROFESORADO ITINERANTE DOS CRAs:
Ademais 
das propostas xerais para todo o profesorado que imparte docencia en máis dun 
centro, propomos:
§        
Os/As 
profesores/as itinerantes impartirán docencia no menor número de centros 
posíbel.
§        
Os 
horarios deben estar configurados de tal maneira que o desprazamento do/a 
itinerante sexa o menor posíbel por día. 
§        
O/A 
profesor/a itinerante non percorrerá nunca máis de dúas escolas á mañá e unha 
pola tarde. Para iso, poderase adaptar a duración das sesións que nunca 
superarán os 18 períodos lectivos. 
MEDIDAS 
DE PROTECCIÓN DA MATERNIDADE E DE PREVENCIÓN DE RISCOS 
LABORAIS:
§        
As 
profesoras embarazadas tenderán a non impartir en máis dun centro  durante a mesma xornada e poderán deixar 
de itinerar, realizando distintos labores de apoio no centro base, a partir do 
quinto mes de xestación. 
§        
No 
caso da existencia de informe médico que desaconselle a realización de 
itinerancias por risco laboral (especial sensibilidade aos riscos nos 
desprazamentos ou risco para o embarazo) estabeleceranse con carácter 
transitorio as medidas necesarias: realización de labores de apoio no centro 
base, substitucións no contorno do domicilio…
§        
Terase 
en conta tamén os/as traballadores/as que polas súas características sexan 
especialmente sensíbeis aos riscos que implican os 
desprazamentos.
MODIFICACIÓN 
DOS POSTOS DE TRABALLO:
§        
Cando 
se produza a modificación dun posto de traballo a itinerante, o profesorado 
afectado, caso de ser definitivo, terá opción de permanecer nese posto ou ser 
suprimido con dereito preferente á localidade. 
§        
Esta 
mesma opción manterase naqueles casos en que a itinerancia pase a incrementarse 
en máis dun 50%.
Novas relacionadas


 
       
      