Proposta do MEC para o novo Bacharelato.
Novo Bacharelato
A PROPOSTA DO MEC DO NOVO BACHARELATO
► ESTRUTURA
- 3 modalidades:
- Artes.
- Ciencias e Tecnoloxías.
- Humanidades e CC.SS.
- Artes.
- Organízase en materias comúns, propias da modalidade e optativas.
- Artes organízase en dúas vías:
- Artes plásticas, deseño e imaxe.
- Artes escénicas, música e danza.
- Artes plásticas, deseño e imaxe.
- O alumnado pode elixir entre o total das materias da modalidade que cursen. Se o centro non oferta todas as materias da modalidade, facilitarase cursar algunha materia a distancia ou noutros centros escolares.
► MATERIAS COMÚNS
· Son 7: Ciencias do mundo contemporáneo, Ed. Física, Filosofía e cidadanía, Hª da filosofía, Hª de España, Ling. e lit. Castelán, Ling. e lit. galega, Lingua estranxeira.
· En 2º curso: Lingua castelán e literatura, Lingua estranxeira, Hª da Filosofía e Hª de España.
► MATERIAS DA MODALIDADE
· Débense cursar, como mínimo, 6 nos dous cursos das que 5 teñen que ser da mesma modalidade.
► MATERIAS DA OPTATIVAS
· Serán reguladas polas administracións educativas de modo que o alumnado poida elixir tamén como optativa polo menos unha materia da súa modalidade.
► PROMOCIÓN
· Pódese acceder a 2º curso con 2, como máximo, suspensas.
· Os que non promocionen teñen que continuar un ano máis no 1º curso, debendo cursar todas as materias se a avaliación negativa é superior ao 45% das que integran o curso. No caso contrario deben matricularse das materias de 1º con avaliación negativa e completar con materias de 2º.
► RESULTADOS
· Os resultados expresaranse cunha cualificación numérica de
A CIG-ENSINO vai urxir á Consellaría de Educación a negociación do currículo e ordenación do Bacharelato na Galiza co obxecto de que non se demore a súa aprobación e non ocorra o que aconteceu cos currículos de ESO e Infantil. Para iso, é necesario abrir un debate con tempo suficiente para que, como máis tardar, arredor do mes de marzo, o currículo de Bacharelato en Galiza estea concluído e publicado.