Proposta da CIG Ensino de temas a negociar durante o curso 2008/2009 na Mesa Sectorial de Educación.
Temas a Negociar Durante o Curso 2008/2009
A CIG Ensino presentou o día 2 de outubro un escrito ante a presidencia da mesa sectorial no que achega as propostas da CIG Ensino co fin de que sexan negociadas ao longo deste curso, tendo en conta a urxencia daquelas que están condicionadas polos orzamentos previstos para o ano 2009.
A continuación reproducimos o escrito:
.
Sr. Presidente da Mesa Sectorial Docente non Universitaria:
Vanse cumprir dous anos da realización das eleccións sindicais e continúa sen constituírse a Mesa Sectorial Docente non Universitaria, segundo os resultados acadados por cada organización sindical.
Por outra parte, coincidindo co inicio do curso, imponse elaborar e fixar un calendario de temas a negociar para este curso escolar.
Así mesmo é necesario e urxente convocar reunión da Mesa Sectorial para abordar toda a problemática de inicio de curso, nomeadamente a negativa a cubrir as necesidades de profesorado nos centros e a situación do profesorado interino debida á súa inestabilidade e falta de traballo.
En consecuencia, solicitamos, coa maior brevidade posíbel, a convocatoria da Mesa Sectorial Docente non Universitaria, co obxecto de dar resposta ás cuestións que aquí expomos. Achegamos as nosas propostas co fin de que sexan negociadas ao longo deste curso, tendo en conta a urxencia daquelas que están condicionadas polos orzamentos previstos para o ano 2009.
TEMAS PROPOSTOS POLA CIG-ENSINO PARA A SÚA NEGOCIACIÓN DURANTE ESTE CURSO
Ø Constitución da Mesa Sectorial Docente non Universitaria, segundo os resultados das últimas eleccións sindicais.
Ø Inicio de curso: problemática na adxudicación de destinos, insuficiente profesorado nos centros, interinos/as sen traballo, perfís de prazas inadecuados, nomeamentos en prazas non solicitadas, adxudicación de oficio, prazas non ofertadas, prazas sen cubrir, incumprimento do acordo do 8 de xuño sobre catálogos e xornada do profesorado e acordo itinerantes sen aplicar.
Ø Ampliación do persoal nos servizos centrais da Consellaría para mellorar a xestión, atención e información do profesorado.
Ø Liña telefónica de acceso directo á Consellaría e de uso exclusivo para os centros educativos.
MELLORES CONDICIÓNS LABORAIS E PROFESIONAIS:
Ø Redución do horario para o profesorado maior de 55 anos.
Ø Retribucións:
· Negociación do novo acordo retributivo, unha vez que o actual remata a súa vixencia en xaneiro, que mellore significativamente as nosas retribucións.
· Pagamento dos sexenios aos interinos/interinas.
· Negociación do complemento de especial dedicación aos centros para todo o profesorado.
· Complemento específico para o profesorado que imparte aulas nos centros nos que os/as docentes laborais teñen complemento de perigosidade ou penosidade.
· Extensión do complemento específico de EPA a todo o profesorado que imparta esta modalidade.
· Recuperación da perda de poder adquisitivo.
· Cláusula de revisión salarial.
· Nivel 24 ou cantidade equivalente para todo o profesorado do corpo de mestres.
Ø Acceso á función docente e á estabilidade:
· Restabelecemento das negociacións para acadar un acordo de estabilidade do profesorado interino e substituto.
· Consideración do profesorado sen titulación para acceder á condición de funcionario.
· Modificación das titulacións equivalentes a efectos de docencia para que o Profesorado, tanto PES como Técnico de FP, que non ten a titulación adecuada, poida presentarse ás oposicións.
· Mellora das condicións de traballo do profesorado interino (sexenios, axuda para adquisición de vivenda do Fondo de Acción Social, dereito á formación, etc.)
· Mellora da xestión das listas e dos nomeamentos do profesorado interino e substituto, das comisións de servizo e das permutas provisionais.
· Negociación da oferta de emprego para o ano 2009, composición e actuación dos tribunais, garantía dos opositores, unificación de criterios, etc.
Ø Xubilación anticipada:
· Mellorar as condicións da xubilación anticipada para facilitar que máis profesorado se acolla a esta modalidade de xubilación.
· Negociación dun acordo que comporte que a gratificación que se perciba ao xubilarse anticipadamente sexa equivalente ás retribucións que se percibirían de seguir en activo até os 65 anos.
Ø Saúde laboral e enfermidades profesionais do profesorado.
· Revisión anual de saúde a todos os/as docentes.
· Desenvolvemento da Lei de Prevención de Riscos Laborais. Delegados de prevención (formación, crédito horario, etc.). Problemática do profesorado con enfermidades psíquicas.
· Catalogación das enfermidades profesionais.
· Planos de emerxencia de todos os centros. Avaliación de riscos laborais, etc.
Ø Responsabilidade civil e patrimonial da Administración. Campaña informativa dirixida ao profesorado e aos centros. Procedemento de oficio. Mellora da asistencia letrada, etc.
Ø Formación do profesorado:
· Mellora no funcionamento das condicións de baremación aos méritos nas diferentes comisións. Plano de formación para o conxunto do profesorado, cursos de especialización con liberación horaria, licenzas por estudos, formación dentro do horario lectivo, convocatoria de cursos de especialización con liberación horaria para o profesorado do corpo de mestres.
· Facilitar a adquisición doutras especialidades ao profesorado que non ten a titulación requirida para presentarse á oposición.
Ø Medidas contra a precarización das condicións de traballo: impartición e regulación das afíns, regular a compartición de centros, contratos a tempo parcial, etc.
Ø Situación do profesorado dos centros penais. Negociación do cadro de persoal destes centros.
Ø Convocatoria concurso de traslados.
Ø Problemática do profesorado de procesos comerciais e administración de empresas.
Ø Negociación de medidas para avanzar na conciliación da vida laboral e familiar. Ampliación dos dereitos por maternidade e de protección do período de xestación.
Ø Xestión centralizada do fondo de acción social.
Ø Modificación do funcionamento das comisións de baremación das diferentes convocatorias.
MELLORAS NA CALIDADE DO ENSINO:
Ø Lei de Ordenación do Sistema Educativo Galego.
Ø Negociación do Estatuto Galego do profesorado
Ø Dotación de administrativos/as a todos os centros de Infantil e Primaria.
Ø Plano de actuación con medidas concretas para a convivencia escolar.
Ø Negociación do calendario escolar:
· Restabelecemento da xornada reducida durante os meses de xuño e setembro.
Ø Redución das rateos:
· Redución de alumnos/as por aula, computando os/as repetidores/as: máximo de 15 alumnos/as para Educación Infantil, 20 para Primaria e ESO e 25 en Bacharelato.
· Contemplación dos/das repetidores/as para fixar os grupos.
· Redución das rateos nas aulas que escolaricen alumnado con necesidades educativas especiais, repetidores, etc.
Ø Incremento dos cadros de persoal:
· Departamento de Orientación en todos os centros. Extensión da Orientación a tempo completo a todos os centros completos de Infantil e Primaria. A dotación dun/unha Orientador/a máis para os centros de máis de 18 unidades, tanto en Infantil como en Secundaria.
· Aplicación do acordo do 8 de xuño do 2006, dotando todos os centros de 12 unidades con orientación a tempo total.
· Ampliación da redución do horario lectivo para titoría, atención á biblioteca escolar, coordinador/ora do Equipo de Normalización Lingüística, etc.
· Desdobre en diferentes materias.
Ø Negociación dos cadros de persoal nos centros de secundaria.
Ø Negociación dun regulamento orgánico marco que inclúa diferentes regulamentos, atendendo á especificidade dos diferentes niveis educativos:
· Ensinanzas de réxime especial: Regulamentos orgánicos dos Conservatorios profesionais e superiores de Música, Escolas Oficiais de Idiomas, Ensinanzas Artísticas, Escola Superior de Arte Dramática.
· Centros de características singulares que están sen regulamentar nos ROCs (Centros Residenciais Docentes, centros penais, Escola de Restauración, etc.). Utilización social futura dos CRDs.
· Centros de Educación Especial.
· Centros integrados de Formación Profesional.
· Novo regulamento orgánico de Educación Secundaria.
· Novo regulamento orgánico de Educación Infantil e Primaria e dos Centros Públicos Integrados, así como das respectivas Ordes que os desenvolven.
Ø Escola rural: Condicións dos centros, dotación de especialistas, rateos. Reestruturación dos CRAs: dotación de persoal docente e non docente e servizos suficientes, mantemento das escolas unitarias, etc.
Ø Formación Profesional:
· Negociación do Mapa escolar de F. Profesional, desdobramentos nos módulos profesionais, incremento da oferta de ciclos e regulamentación do funcionamento dos Centros Integrados de FP. Plano de formación do profesorado de Formación Profesional. Oferta modular (FPO-FPC) nos centros de Formación Profesional Regrada. Regulamentación da oferta de Formación Ocupacional e Continua nos centros públicos que non supoña a impartición de horas extras. Modificación da normativa que posibilite incrementar a oferta grupos/ciclo/centro, cando exista demanda do alumnado, etc.
· Problemática do profesorado da familia Agraria, de Construción Civil, Administración, FOL, Comercio e Marketing, etc., co obxecto de facilitarlle un destino definitivo.
Ø Normalización lingüística: Medidas tendentes a aplicar na súa total amplitude. O Real Decreto 124/2007. Maiores orzamentos e dotación de medios para os Equipos de Normalización. Redución horaria aos membros dos Equipos de Normalización. Determinación de prazas con perfil lingüístico, competencia lingüística na nosa lingua para acceder á función pública en concordancia coa Lei de Función Pública galega. Plano de formación para o conxunto do profesorado, en aspectos sociolingüísticos, nomeadamente para os membros dos Equipos de Normalización. Dotación de material en lingua galega. Creación dunha Dirección Xeral ou Subdirección xeral de normalización na Consellaría de Educación, constitución das comisións de coordinación territorial, Plano de normalización para o alumnado inmigrante, etc.
Ø Transporte escolar: Nova regulamentación do transporte escolar. Fixación dos horarios dos centros docentes sen estaren condicionados polo transporte escolar. Regulamentar a dotación de persoal específico para coidar o alumnado nas esperas do transporte escolar.
Ø Dotación de acompañante en todos os autobuses. Transporte escolar para as actividades extraescolares e transporte para o ensino infantil e postobrigatorio. Estabelecemento de bolsas de transporte para que o alumnado poida cursar ciclos que non se ofertan na súa zona educativa.
Ø Dotación de comedores escolares en todos os centros.
Ø Dotación de aulas de idiomas en todos os centros.
Ø Elaboración de medidas tendentes á protección e implantación do portugués como optativa nos centros.
Ø Dotación aos centros escolares de: coidadores/as, intérpretes de linguaxe de signos, educadores/as e asistentes/as sociais.
Ø Dotación e extensión das bibliotecas escolares.
Ø Orientación escolar: Dotación de orientador/ora en todos os centros. Orientadores/as a tempo completo nos centros de 12 unidades, de Infantil e Primaria.
Ø Ampliación e comarcalización dos Equipos Específicos de Orientación.
Ø Medidas para a atención á diversidade: redución horaria para titores/as, apoios educativos, desdobres, etc.
Ø Educación compensatoria: Integración escolar do alumnado social e culturalmente desfavorecido, etc.
Ø Escolarización do alumnado inmigrante e culturalmente diverso. Negociación dunha nova Orde que contemple os recursos, medios, redución das rateos, etc.
Ø Plano de actuación contra o fracaso escolar con medidas concretas, entre as cales están: incremento dos cadros de persoal dos centros, atención personalizada, desdobres, redución de alumnos/as por aula, apoio e reforzos educativos, etc.
Ø Plano de extensión da aplicación das TIC nos centros educativos.
Ø Supresión da simboloxía e nomes franquistas nos centros educativos.
Ø Bacharelato: Ampliar a carga horaria das materias de Filosofía e Historia a cambio de que a Relixión sexa impartida fóra do horario lectivo común do alumnado.
Ø Medidas tendentes a reducir os actuais concertos educativos.
Ø Retirar dos concertos os centros que segregan o alumnado.