
Programacións didácticas para Primaria, Secundaria e FP
Para traballar os distintos elementos que forman parte das programacións e a súa aplicación na aula, coñecer recursos, ver unha panorámica por diferentes propostas metodolóxicas, análise de casos prácticos...
Obxectivos.
-Fornecer ao profesorado asistentes unha serie de pautas para elaborar ou mellorar a programación.
-Adecuar a programación aos distintos contextos.
-Contemplar distintos supostos prácticos como escenarios de programación.
-Dar unhas pautas xenéricas para a estrutura da unidade didáctica.
Contidos.
1. Lexislación en Primaria, Secundaria ou FP.
2. Novidades metodolóxicas.
3. Programación e titoría.
4. Recursos didácticos.
5. Análise de distintos modelos de programación.
6. Análise de supostos prácticos.
7. A unidade didáctica e a súa estrutura.
8. Casos prácticos e bibliografía comentada.
Matrícula.
Ligazón á matrícula (aberta a partir do 1 de xullo)