
Problemas coa xustificación de faltas por visita médica
Xustificación de faltas
Temos constancia de que na actualidade os centros educativos están a ter dificultades para xustificaren as faltas do profesorado por visita médica ou por acudir a técnicas de preparación para o parto.
Estes problemas veñen dados porque a aplicación 'Xade Web' non contempla o correspondente apartado, véndose as direccións na obriga de cargar as horas en distintos epígrafes, nomeadamente no 70.3 ('Imprevistos, indisposicións ou enfermidade leve', 24 horas para o profesorado de secundaria e 30 para o de primaria).
Este feito supón un quebranto dos dereitos do profesorado, pois contradí o estabelecido na Circular da Subdirección Xeral da Inspección de data 3 de maio de 1998 e o artigo 26.4 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.
A CIG-Ensino dirixiuse á Consellería de Educación para que tente buscarlle unha solución.
Podes descargar a circular premendo aquí