Prazas docentes no exterior 2021/2022

Prazas no exterior do Estado Español

Convocatoria do Ministerio para docentes e asesorías no Exterior

Publicáronse hoxe, 26 de novembro,  no BOE as convocatorias do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a adscrición de docentes e asesorías en diferentes estados do mundo. Na reunión do Grupo de Traballo do Exterior do Ministerio, a CIG transmitiu diferentes solicitudes. Desde a Administración indicouse que se ía atender a nosa proposta para que a redacción fose con linguaxe non sexista, mais comprobamos que iso non se corrixiu por completo, pois continúase con xeneralizacións en masculino como "catedráticos", "profesores", etc. Así mesmo, a Administración trasladou que tería en conta a petición da CIG para que tamén fosen baremados como méritos os coñecementos de galego e vasco (o catalán e as outras linguas oficiais de estados xa estaban a ser baremadas). Como na redacción actual non fica explícito, agradecemos que alguén nos indique se finalmente se encontrar cun problema por non lle baremaren o nivel de galego, como debería ser.

Hai varias peticións da CIG que non foron atendidas, entre as cales queremos destacar a solicitude de que nas prazas de asesorías tamén se poidan presentar profesoras e profesores coas especialidades das outras linguas do Estado, incluída por tanto Lingua Galega e Literatura. Por outro lado, preguntamos por que motivo non se convocaban en adscrición as prazas de Portugués (só se cobren interinidades a diferenza doutras linguas como Francés ou Inglés. De acordo co resto das forzas sindicais, tamén solicitamos máis unha vez que se mudase a situación económica do profesorado interino e que houbese transparencia en relación ao cadro de persoal do Ministerio de Educación e Formación Profesional no Exterior.

Ligazón á páxina do ministerio.

  • Profesorado visitante

    Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan prazas para profesorado visitante no exterior para o curso académico 2022/23. Ligazón

    Prazo de participación: do 29 de novembro ao 21 de decembro

    Ligazón á páxina do Ministerio.

  • Persoal docente no exterior

    Resolución do 23 de novembro de 2021, da Subsecretaría, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de persoal docente no exterior. Ligazón

    Prazo de participación: do 30 de novembro ao 22 de decembro

    Ligazón á páxina do ministerio.

  • Asesorías técnicas no exterior

    Resolución do 23 de novembro de 2021, da Subsecretaría, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de persoal asesor técnico no exterior. Ligazón

    Prazo de participación: do 30 de novembro ao 22 de decembro

    Ligazón á páxina do ministerio.

Volver