Postura da CIG-Ensino fronte ao Decreto de Bacharelato e proposta de mobilizacións
Roda de prensa sobre o Decreto de Bacharelato
CIG-Ensino trasládalle ao profesorado as seguintes propostas: Concentración: día 23, ás 12:00 horas, diante da Consellaría de Educación. Concentración diante do Consello Escolar de Galiza (Rúa de San Roque Nº 2 Compostela), o día 28 de abril ás 16:30. Folga para o día 29 de abril. Manifestación o día 29 de abril ás 11:30 en asembleas a CIG-Ensino trasladará ao profesorado a súa proposta de modificación do Anteproxecto de Decreto e propoñerá un calendario de mobilizacións destinado a facer que a Consellaría mude a súa actitude e tome en conta as emendas presentadas. A proposta de mobilizacións é a seguinte:
A CIG-ENSINO CONVOCA AO PROFESORADO AFECTADO POLO BORRADOR DE DECRETO DE BACHARELATO E ANUNCIA MOBILIZACIÓNS
A CIG-Ensino, anunciou hoxe en Roda de prensa, á que asistiron o Secretario Nacional Anxo Louzao e os membros da Executiva Nacional, Xesús Fernández Rivas e Marta Dacosta, que ten convocado ao profesorado a dez asembleas que se celebrarán o xoves día 17, ás 19 horas, en 10 localidades do país. Nestas asembleas a CIG-Ensino trasladará ao profesorado a súa proposta de modificación do Anteproxecto de Decreto e propoñerá un calendario de mobilizacións destinado a facer que a Consellaría mude a súa actitude e tome en conta as emendas presentadas. A proposta de mobilizacións é a seguinte:
- Concentración: día 23, ás 12:00 horas, diante da Consellaría de Educación.
- Concentración diante do Consello Escolar de Galiza (Rúa de San Roque Nº 2 Compostela), o día 28 de abril ás 16:30.
- Folga para o día 29 de abril. Manifestación o día 29 de abril ás 11:30 en Santiago. Saída da Praza do Toral até a Consellaría de Educación.
- Concentración: día 23, ás 12:00 horas, diante da Consellaría de Educación.
- Concentración diante do Consello Escolar de Galiza (Rúa de San Roque Nº 2 Compostela), o día 28 de abril ás 16:30.
- Folga para o día 29 de abril. Manifestación o día 29 de abril ás 11:30 en Santiago. Saída da Praza do Toral até a Consellaría de Educación.
Como xa manifestamos no seu día, para a CIG-Ensino é inaceptábel o borrador presentado por Educación, pois se concreta en reducir a carga horaria de tres materias, Filosofía, Educación Física e Historia, que deste xeito terán dificultades para impartir o seu currículo que, ademais, se verá reducido ao mínimo e non poderá abordar o ensino destas materias desde unha perspectiva galega.
A CIG-Ensino denuncia que a redución horaria destas materias imprescindíbeis na formación do alumnado, vén derivada do empeño da Consellaría en manter dentro do horario lectivo de Bacharelato o ensino da Relixión. A CIG-Ensino esixe que a relixión estea fóra do horario lectivo ordinario dos centros (ao final desta nota adxuntamos a nosa proposta), isto suporía que Filosofía e cidadanía pasase a ter tres horas, Educación Física 2 horas e Historia 4 horas, tal e como teñen na actualidade. Esta é a única medida progresista que se pode tomar para un ensino que ademais é postobrigatorio. Ademais a medida que propón a CIG é a proposta de territorios como Cataluña ou Asturias.
A CIG-Ensino tamén propuxo que todos os centros oferten obrigatoriamente dúas modalidades de Bacharelato, que se oferte obrigatoriamente como optativa música I e II, tanto en primeiro como en segundo, que se inclúan como optativas de oferta obrigatoria nos centros: Historia de Galiza, Literatura galega do s. XX, Literaturas hispánicas e Filosofía da ciencia, e que, ademais das materias sinaladas no Anteproxecto como de obrigada impartición en lingua galega, se impartan na nosa lingua tamén as optativas e unha materia máis das propias de cada modalidade. Estas e outras propostas realizadas no seu día na Mesa Sectorial, forman parte das 71 emendas presentadas ao Consello Escolar de Galiza, que previsibelmente se celebrará o día 28 de abril.
Na CIG sabemos que as nosas propostas están tendo moita receptividade entre o profesorado, e nas vindeiras asembleas do día 17 propoñeremos o seguinte calendario de mobilizacións:
Se a Consellaría non reconsidera a súa postura estamos a falar dunha situación que incidirá na formación do alumnado, e tamén terá repercusións nas condicións de traballo do profesorado, incidindo na súa mobilidade. A CIG-Ensino agarda que a Consellaría reconsidere a súa postura, do contrario manteremos o calendario de mobilizacións que culminará coa folga do día 29.
de 2008
DISTRIBUCIÓN HORARIA BACHARELATO
MATERIAS 1º CURSO | MÍNIMOS | PROPOSTA CONSELLARÍA | ACTUAL | PROPOSTA DA CIG A | PROPOSTA DA CIG B |
Ciencias para o mundo contemporáneo | 2 | 3 | 0 (+3) | 3 | 2 |
Eduación Física | 1 | 1 | 2 (-1) | 2 | |
Filosofía e cidadanía | 2 | 2 | 3 (-1) | 3 | |
Lingua castelá | 3 | 3 | 3 | 3 | |
Lingua galega | - | 3 | 3 | 3 | |
Lingua extranxeira | 3 | 3 | 3 | 3 | |
Relixión | 2 | 1 | 2 (-1) | 0 | |
De modalidade | 2 ¼ cada unha | 3x4 | 3x4 | 3X4 | |
Optativa | 2 ¼ | 4 | 4 | 3 | 4 |
TOTAL | TOTAL | 32 | 32 | 32 | |
MATERIAS 2º CURSO | MÍNIMOS | PROPOSTA CONSELLARÍA | ACTUAL | PROPOSTA DA CIG | |
Historia de España | 2 | 3 | 4 (-1) | 4 | |
Historia de Filosofía | 2 | 3 | 3 | 3 | |
Lingua Castelá | 3 | 3 | 3 | 3 | |
Lingua Galega | - | 3 | 3 | 3 | |
Lingua extranxeira | 3 | 3 | 3 | 3 | |
De modalidade | 2 ¼ cada unha | 3x4 horas | 3x4 | 3X4 | |
Optativa | 2 ¼ | 4 | 4 | 4 | |
Relixión | | 1 | 0 (+1) | 0 | |
TOTAL | TOTAL | 32 | 32 | 32 |