
Por primeira vez en moitos anos o Fondo de Acción Social da Xunta de Galiza sairá adiante sen o apoio de ningunha organización sindical
Fondo de acción social
REUNIÓN DA COMISIÓN DE CONCESIÓN DE AXUDAS DE ACCIÓN SOCIAL
A Consellaría de Presidencia incumpriu o pactado e non negociou o FAS 2007 até o mesmo remate do ano (cos orzamentos fixados xa un ano antes). É máis, incluíu unha suba ridícula nos orzamentos do 2008 para o FAS do ano que vén. Así, o escandaloso retraso que vén sufrindo a Acción Social da Xunta para os seus empregados desde o acceso á Consellaría de Presidencia do actual conselleiro, Méndez Romeu, únese á ridícula oferta económica que presenta.
A CIG deixou ben claro que non está disposta a acadar ningún acordo que non inclúa no propio texto un calendario de incremento do FAS até chegar ao 1% da masa salarial.
O documento presentado pola CIG e os outros sindicatos incluía outra serie de propostas de mellora na distribución do FAS que non se chegaron a discutir debido á negativa de negociar a un acordo plurianual. A día de hoxe hai varias territorios do estado que contan con acordos destas características. Algún deles chega ao 1% que a CIG vén demandando historicamente.
O FAS 2007 vai contar cun montante global de 7.232.211 €. Nos orzamentos de 2008, aprobados recentemente no Parlamento de Galiza, xa se inclúe unha contía que rolda os 7,98 millóns de euros. Esta última cantidade vai supor que o futuro FAS 2008 chegue unicamente ao 0,58% do Capítulo I ( a 0,42% da demanda da CIG).
Por primeira vez en moitos anos o Fondo de Acción Social da Xunta de Galiza sairá adiante sen o apoio de ningunha organización sindical.