Pola derrogación do plus dos altos cargos
Concentración
26 de setembro de 2007, ás 11.30 horas, concentración diante da sede da
Xunta de Galiza (San Caetano, Santiago de Compostela).
POLA DERROGACIÓN DO PLUS DOS ALTOS CARGOS
O pasado día 17 de setembro entrou en vigor a Lei 13/2007, do 27 de xullo, de reforma da Lei da
función pública galega (LFPG), aprobada no Parlamento Galego o 17 no xullo. Con ela introduciuse
unha disposición adicional 17ª que supón un novo beneficio salarial para aqueles funcionarios e
funcionarias que ocupasen cargos públicos de designación política ou diferentes cargos representativos.
Mediante esta reforma, os funcionarios e funcionarias ex altos cargos obteñen de por vida un
complemento de destino de 14.721 euros anuais (o estabelecido para os directores xerais), que
incrementa en 3.000 euros o máximo nivel de complemento de destino existente na carreira
administrativa (o nivel 30). Ademais, esténdese a funcionarios e funcionarias que exerceran de
alcaldes, deputados, senadores, cargos do poder xudicial e outros cargos de representación
institucional, seguindo o modelo do Estatuto básico do empregado público, aprobado a nivel estatal e
que xa contara no seu momento coa oposición da CIG.
Desde a CIG, entendemos que o correcto sería aproveitar esta reforma da LFPG para rebaixar os
privilexios dos funcionarios e funcionarias que ocuparon cargos de designación política, como o
seu sistema acelerado de consolidación do nivel 30 (11.721 euros anuais) polo simple desempeño dun
alto cargo durante dous anos continuados ou tres con interrupción, introducido por Lei 2/1998, do 8 de
abril. Ao contrario, o que se fai é aumentar ese complemento en 3.000 euros máis, creando unha casta
privilexiada composta polos funcionarios e funcionarias que ocuparon nalgún momento postos de
designación política e que perciben por tal motivo unha retribución á que ningún outro servidor público
pode aspirar, por exemplar e brillante que sexa a súa carreira.
Igualmente, a medida é discriminatoria, inxusta e desproporcionada en relación con todos os cidadáns
e cidadás que non son funcionarios públicos e nalgún momento da súa vida desempeñan cargos
públicos ou de representación política; ou co resto da clase traballadora, para os que 14.721€
representan máis que o seu salario de todo o ano.
A CIG entende que esta forma de proceder é reflexo dunha concepción elitista da función pública,
pola que se crea e prima un corpo de elite, os funcionarios e funcionarias que ocuparon cargos públicos
ou de representación política, coa agravante de que se fai con importantes custos para o erario público.
Igual de elitistas son as medidas que contemplan os Orzamentos do Estado para 2008, como o
incremento dos salarios no 3,5% (0,5% máis que o IPC previsto) ou o estabelecemento dunha
indemnización por cesamento para os deputados que leven máis de dous anos no Parlamento.
Diante destes feitos, que a CIG considera inxustos, discriminatorios e elitistas, decidimos levar adiante
diversos actos de protesta e movilizacións, así como manter reunións cos tres grupos
parlamentarios, para que procedan a derrogar a disposición adicional 17ª da LFPG, así como outros
mecanismos legais de consolidación acelerada de grao, como os contidos na Lei 2/1998, do 8 de abril.
Se estas medidas non resultasen suficientes, promoveriamos unha Iniciativa Lexislativa Popular co
fin de forzar o debate no Parlamento Galego para a anulación deste plus.