Pola declaración de inconstitucionalidade dos recortes

Recollida de sinaturas

Pola declaración de inconstitucionalidade dos recortes

Adhírete a solicitude da CIG da declaración de inconstitucionalidade dos recortes nas retribucións dos empregados públicos.
Dou o meu apoio a este escrito inserindo os seguintes datos...
Nome
Apelidos
Centro de traballo
Documento identidade Letra final
CIG-ensino comprométese a gardar rigurosa confidencialidade dos datos inseridos e a non facer uso dos mesmos máis que para a fin da campaña indicada, como sinaturas recollidas en liña e adxuntadas ao pé do escrito abaixo expresado.
As persoas abaixo asinantes, empregadas públicas no territorio da comunidade autónoma de Galiza, EXPOÑEN: Que se adhiren á petición, formulada polas federacións de Administración , Ensino e Saúde da Confederación Intersindical Galega (CIG), de que interpoña recurso de inconstitucionalidade contra o Real Decreto-lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público, e contra a Lei galega 3/2010, do 23 de xuño, pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galiza. Nos mesmos termos expresados polas referidas federación, entenden que non concorre unha situación de extraordinaria e urxente necesidade que xustifique a promulgación do Real Decreto-lei 8/2010, do 20 de maio; e que, en todo caso, se están a vulnerar dereitos, deberes e libertades da cidadanía regulados no Título I da Constitución. Polo exposto, SOLICITAN: Que teña por presentado este escrito e por formulada adhesión expresa á solicitude de referencia, acordando no seu momento interpor recurso de inconstitucionalidade contra as normas citadas no corpo deste escrito.

Volver