Pensamento Galego no Ensino

V Xornadas de Filosofía, Educación e Sociedade

Xornadas de formación sobre o pensamento galego na historia e a súa aplicación nas aulas. Venres 11 de 16:00 h. a 20:30 e Sábado de 10 a 14:00 h. e de 16:30 a 20:30. No IES Fontiñas de Santiago de Compostela

PROGRAMA

Venres 11 de marzo
16:00 h. - Entrega de material e pago matrícula
16:30 h.- XOSÉ LUÍS BARREIRO BARREIRO.
 "Pensamento galego.  Historia, recoñecemento académico e ensino"
18:00 h.- MARTÍN GONZÁLEZ FERNÁNDEZ. “Francisco Sánchez (1550-1623): Quid?”
19:30.- ANDRÉS TORRES QUEIRUGA. “Amor Ruibal, referencia da filosofía galega ”
Sábado 12 marzo
10:00h.- VITORINO PÉREZ PRIETO. “Arredor de Prisciliano e Exeria. A xénese do pensar galego”
11:00 h.- FRANCISCO CARBALLO CARBALLO. “Sarmiento e a Ilustración Galega"
13:00 h.- MANUEL RIVAS GARCÍA. "A filosofía ilustrada en Galiza: achegas e limitacións"
TARDE
16:30 h.- MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO. “De Rosalía a Castelao. Pensar a Nación”
18:00 h.- RAMÓN REGUEIRA VARELA. “Viqueira e Losada dieguez. Dúas figuras na construción do pensamento no século XX”
19:30 h.- CONCLUSIÓNS: Pensamento Galego. Divulgación e toma de conciencia. J.P. Feinmann como referencia

XOSÉ LUÍS BARREIRO BARREIRO
Catedrático de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela e primeiro profesor de Pensamento Filosófico Galego na Facultade de Filosofía. Doutor en Filosofía pola Universidade San Tomé de Roma e a Universidade Complutense de Madrid. Ten dirixido diversos proxectos de investigación sobre a historia do pensamento galego e, entre a súa obra sobre a materia, destacan Mundo, hombre y conocimiento en Amor Ruibal, filósofo gallego (1978); O pensamento galego na historia. Aproximación crítica (coord.) (1991); Indalecio Armesto, filósofo, republicano, masón (coord.) (1991), A Antoniana Margarita de Gómez Pereira. Estudio preliminar e notas (2000); Ilustración e Modernidade, Os avatares da razón(coord.) (2001), Pensar en Galicia. Identidade na diferencia (2001) e Martín Sarmiento na Ilustración (2002) entre outros. 
MARTÍN GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
Profesor no Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da USC e doutor en Filosofía. Entre a súa obra de investigación sobre pensamento galego destacan O Labirinto de Minos. Francisco Sánchez, o “Excéptico”, un galego no Renacemento (co-coord.) (1992), Filosofía y Ciencia en el Renacimiento, Santiago de Compostela, Censura e Ilustración. XX Aniversario da Fundación da Facultade de Filosofía e CC. Da Educación (coord.) (1997), Sonos e soños da Razón. A Ilustración nas Coleccións da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela 1997).
ANDRÉS TORRES QUEIRUGA
Profesor de Filosofía na Universidade de Santiago e profesor de Fenomenoloxía da Relixión e Teoloxía Fundamental no Centro Teolóxico Compostelán. Doutor en Filosofía pola USC e en Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma.  Nos seus traballos sobre filosofía galega atópanse Constitución y Evolución del Dogma. La teoría de Amor Ruibal y su aportación (1985); Noción, religación trascendencia. O coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri (1990); Para unha filosofía da saudade (2003), entre outros. Coordinou xunto con Manuel Rivas García o Diccionario Encilopedia do Pensamento Galego (2008).
VITORINO PÉREZ PRIETO
Profesor das Universidades da Coruña e Santiago. Licenciado en Teoloxía Dogmática na Universidade Pontificia de Salamanca e doutor en Teoloxía na UPSA (Salamanca). Entre as súas obras atópanse A Xeración Nós. Galeguismo e relixión (1988); Cristiáns e galeguistas (1994), Galegos e cristiáns. Deus fratresque Gallaetiae (1995); Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo (1997); A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia Santa Margarida (1998);  Con cordas de tenrura  (2000); Contra a síndrome N.N.A. (Non hai Ningunha Alternativa). Unha aposta pola esperanza  (2005); Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía relixiosa en galego  (2007), Obras de teatro para o Nadal  (2009) e vén de publicar o seu libro Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario.
FRANCISCO CARBALLO CARBALLO
Historiador e Teólogo. Licenciado en Historia no 1954 pola Universidade de Salamanca. No 1965 foi reitor do Teologado de paúles en Salamanca. En 1973 volta a Galiza, concretamente a Vigo, onde foi profesor e animador cultural, político e relixioso. Foi presidente da Asociación Cultural de Vigo e cofundador e Presidente de Promocións Culturais Galegas en 1977, editora de A Nosa Terra.
Entre outras publicacións, foi un dos autores da “Historia de Galicia” editada pola Fronte Cultural da AN-PG.
MANUEL RIVAS GARCÍA
Catedrático de Filosofía. Licenciado en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e licenciado en Filosofía pola Universidade de Salamanca. Coautor dos primeiros libros de Filosofía para o ensino en galego, Introducción á Filosofía e Historia da Filosofía (1979 e 1980). Participou nas obras colectivas O pensamento galego na historia (1992), El pensamiento filosófico y político en la Ilustración Francesa (2001),  Europa: mito e razón(2003) e Galiza e Portugal: identidades e fronteiras (2003) con traballos sobre a Ilustración na Galiza. Coordinou xunto con Andrés Torres Queiruga o Diccionario Encilopedia do Pensamento Galego (2008).
MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
Doutora en Filoloxía Románica e profesora da Universidade da Coruña. Entre as súas subliñamos 33 aproximacións á literatura e á lingua galega (en colaboración con Xosé María Dobarro), O galego e as leis. Aproximación sociolingüística, O ensino da língua. Por un cámbio de rumo, Sempre en galego, Direitos lingüísticos e control político, Arredor de Castelao, a edición de Rosalía de Castro de A.G. Besada ou a edición crítica da Poesía Galega de Lamas Carvajal, De fala a lingua: un proceso incacabado, son algúns dos seus títulos, recentemente foi premio de ciencias sociais Vicente Risco con Rosalía, o clamor da rebeldía.
É autora de numerosos ensaios, estudos e artigos sobre sociolingüística e literatura e literatura galega.
Colaboradora da AS-PG, presidenta de Galiza Cultura, foi delegada na Galiza (1985-1990) do Bureau européen pour les langues moins répandues e é membro do Comité Científico da Declaración Universal de Direitos Lingüísticos. Na actualidade é a Directora-Xerente da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.
RAMÓN REGUEIRA VARELA
Catedrático de Filosofía e Licenciado en Teoloxía e Filosofía pola Universidade de Salamanca, Ramón Regueira promoveu diversos proxectos de difusión e investigación no ámbito filosófico. Entre eles, e de xeito destacado,  foi fundador da Aula Castelao de Filosofía en Pontevedra, organizadora das Semanas Galegas de Filosofía, no ano 1982 e participou na creación dos primeiros textos de Filosofía para o ensino en galego, Introducción á Filosofía e Historia da Filosofía (1979 e 1980). É autor tamén de Antón Losada: Teoría e Praxe (1992), Xoán Vicente Viqueira: Teoría e Praxe (1992) e Xosé Neira Vilas. Narrador, poeta, xornalista, historiador da nos a emigración (2002).

Solicitada a homologación da Consellaría de Educación por 12 h.
Matrícula a partir do 25 de febreiro:
Afiliación da CIG e Sócios/as da AS-PG : 13 €
Normal : 37 €
Parados/as : 25 €

Ligazón coa matrícula

Volver