
Para o 2008 os temarios serán os mesmos que No 2007
Información do ministerio
Reproducimos a información que nos envía o ministerio sobre os temarios das oposicións.
Reproducimos o texto que nos remitiu o MEC:
"O Ministerio de Educación e Ciencia está tramitando unha Orde na que se estabelece que,
nas convocatorias que se realicen no ano 2008 para ingreso, acceso e adquisición
de novas especialidades aos corpos docentes estabelecidos na Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio,
de Educación e aos cales se refire o Real Decreto 276/2007, de 23 de febreiro, serán de aplicación
os temarios actualmente vixentes que correspondan a cada corpo e especialidade".