Os novos ciclos de FP comezarán a impartirse o próximo curso 2008-09

Formación Profesional. Novos ciclos.2008/09

Como resultado do desenvolvemento nestes anos do Sistema de Cualificacións Profesionais e da necesaria adaptación de toda a oferta de FP ás Cualificacións Profesionais incluidas no Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais (CNCP) están a publicarse xa no BOE as ensinanzas mínimas dos novos títulos de FP.
Os novos ciclos de fp comezarán a impartirse o próximo curso 2008-09
Como resultado do desenvolvemento nestes anos do Sistema de Cualificacións Profesionais e da necesaria adaptación de toda a oferta de FP ás Cualificacións Profesionais incluidas no Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais (CNCP) están a publicarse xa no BOE as ensinanzas mínimas dos novos títulos de FP. Até o momento publicáronse os títulos dos seguintes ciclos que se implantarán no curso 2008-09:
 
 
É preciso que a Consellería de Educación elabore os currículos dos novos ciclos para Galiza completando as ensinanzas mínimas de cada título en ejercicio das súas competencias tendo en conta ás necesidades e características dos sectores productivos na Galiza.
 
 
DESAPARECE O LÍMITE DE CONVOCATORIAS PARA O ACCESO AO CORPO DE PROFESORES TÉCNICOS DE FP DAS PERSOAS CON EXPERIENCIA DOCENTE PERO SEN TITULACIÓN EQUIVALENTE A EFECTOS DE DOCENCIA
 
A novidade máis importante que introducen os Reais Decretos destes títulos, así como tamén os proxectos dos novos títulos que coñecemos até agora, é que van permitir que se presente ás oposicións para todas as especialidades do corpo de Profesores Técnicos de FP, sen límite de convocatorias, o profesorado que teña titulación de Técnico Especialista ou Técnico Superior e acredite dous anos de docencia como mínimo na especialidade en centros públicos dependentes da administración educativa convocante, cumplidos antes do 31 de agosto de 2007.
 
A CIG-ENSINO veu defendendo desde sempre o establecemento dunha vía que permitise presentarse ás oposicións ao profesorado interino que estaba impartindo clases desde hai tempo sen ter a titulación requerida a efectos de docencia (cómpre lembrar que antes do desenvolvemento da LOXSE podíase impartir docencia en FP con titulación de Diplomado nas especialidades teóricas ou Técnico Especialista nas especialidades de taller). Froito desa defensa foi a posibilidade recollida no RD 777/1998 de poder presentarse durante tres convocatorias ás oposicións do corpo de Profesores Técnicos de FP con titulación de Técnico Especialista na familia profesional da especialidade correspondente sempre que se acreditasen cando menos dous anos de experiencia docente en centros públicos. Posteriormente, tamén por demanda da CIG-ENSINO, esta posibilidade ampliouse a catro convocatorias no RD 334/2004. Hai especialidades nas que estas catro convocatorias xa están esgotadas polo que a CIG-ENSINO valora positivamente que se elimine este límite. Seguiremos a defender que se recolla unha posibilidade semellante para o acceso aos restantes corpos docentes.

Volver